1. Noticias
  2. Axudas e Subvencións
  3. Avisos

Salvaterra de Miño xa ten todo preparado para unha das edicións máis especiais da súa historia. O Festival O Son da Muralla presentou oficialmente o cartel completo da súa 25ª edición, que se celebrará o vindeiro 1 de agosto cunha programación pensada para celebrar por todo o alto 25 anos de música, festa e grandes momentos compartidos.

O acto de presentación contou coa presenza de Lara Meneses, directora xeral de Xuventude da Xunta de Galicia, que acompañou ao festival neste camiño de celebración e posta en valor dun evento que leva un cuarto de século formando parte da vida cultural e musical da vila.

Esta edición tan especial contará coa presenza do recoñecido artista internacional SASH!, que chegará a Salvaterra para facer vibrar ao público cos seus grandes éxitos e conectar coa esencia coa que naceu O Son da Muralla.

Pero esta edición aniversario será tamén unha viaxe pola propia historia do festival. O cartel reúne a varios artistas que xa deixaron pegada en anteriores edicións, como DJ Charlie, Marvin, Andrea Prezioso, Mari Ferrari, Sonic e Marcos Magán, nomes que forman parte da memoria de O Son da Muralla e que volverán compartir escenario nesta celebración tan especial.

Entre eles destaca especialmente DJ Charlie, unha das caras máis queridas polo público e un artista practicamente imprescindible na historia do festival, xa que participou en case todas as edicións de O Son da Muralla, acompañando a evolución do evento ao longo destes 25 anos.

Tamén terá un papel especial Adán, artista local de Salvaterra de Miño, ligado aos primeiros anos do festival e que representa esa conexión coa terra e coas persoas que axudaron a construír a identidade de O Son da Muralla desde os seus inicios.

Con este cartel completo, o festival quere mirar cara atrás para agradecer todo o camiño percorrido, pero tamén mirar cara adiante cunha edición que promete ser histórica.

Presentación O Son da Mural

Junio 2026
L M X J V S D
1 2 3 4 5 6 7
8 9 10 11 12 13 14
15 16 17 18 19 20 21
22 23 24 25 26 27 28
29 30 1 2 3 4 5

 

 PlanAntifraudeConcello

Plan Forestal
InventarioMunicipal
AnaliticasAugas
MuseoDaCienciaDoVinho
Termas
InformacionTuristica
 
Deputacion2
SedeCatastro
EidoLocal
PIOM

EmpregoPublico
Farmacias de Guardia
XuventudeNet
RutaVino
Meteo Galicia