Dende o Concello de Salvaterra de Miño queremos comunicarvos que desde primeiros de 2021 xa está en marcha o servizo de Orientación laboral. Para poder acceder a el será necesario estar en situación de alta na oficina de emprego de Ponteareas e solicitar cita previa. Esta última pódese pedir na mesma oficina de emprego ou no concello coa orientadora laboral de xeito presencial.
O Concello de Salvaterra de miño deu marcha a primeiros do 2021 o Servizo de Orientación Laboral. O obxetivo é o deseño e planificación de acción, elaboración de CV, emprego de ferramentas e recursos para a búsqueda de emprego, asesoramento, etc.
Dende este departamento creouse unha bolsa de emprego que conta cun número importante de usuaros rexistrados, dos que xa se xestionaron distintasofertas de emprego demandadas polas empresas.
Ademais, por medio das Redes Sociais fanse publicación de ofertas de traballo no noso territorio de influencia e colabórase cos CDLs da zona para cubrir ofertas e promocionar máis opción aos nosos veciños e veciñas.
Horario: Luns a Venres de 9:00 a 14:00 (con cita previa)
Tlf de contacto: 986 65 81 26 Ext. 209
e-mail: Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.