A Organización Municipal fai referencia á organización política do Concello, é dicir, ao conxunto de órganos que poden exercer funcións de carácter decisorio, informativo e consultivo.
A Organización Municipal está constituída polos medios persoais e institucionais (persoas e goberno), que desenvolven as actividades propias do municipio.
QUEN FORMA A CORPORACIÓN MUNICIPAL?
Os concelleiros elixidos polos electores nas eleccións municipais, en candidaturas pechadas de partidos políticos e de agrupacións de electores; distribuíndo o número de concelleiros en aplicación da Lei d'Hont (gráfico explicativo Graficodhont)
CANTOS CONCELLEIROS TEN O CONCELLO DE SALVATERRA?
De acordo co noso número de habitantes, 13 concelleiros, dos que 7 forman o grupo municipal do PP, 4 o grupo municipal do PSOE e 2 o grupo do BNG.
CALES SON OS ÓRGANOS DE GOBERNO DO CONCELLO?
A Alcaldía, a Xunta de Goberno Local (XGL), e o Pleno.
Chámaselles "Órganos de Goberno" porque as decisións que toman son consideradas actuacións de goberno.
As Leis que regulan a Administración Local (Concello e Deputación), marcan as competencias de cada un deses órganos de goberno. Agora ben, algunhas desas competencias, poden ser delegadas entre os Órganos de Goberno.
As Leis que regulan a Administración Local (Concello e Deputación), marcan as competencias de cada un deses órganos de goberno. Agora ben, algunhas desas competencias, poden ser delegadas entre os Órganos de Goberno.