Os Servizos Sociais son un tipo de servizos, considerados fundamentais para o benestar social. Por iso, ás veces coñéceselles como o cuarto alicerce dos sistemas de benestar nunha sociedade. Os outros tres alicerces son o dos servizos sanitarios, o dos servizos educativos e o das pensións ou prestacións económicas de garantía de ingresos para a subsistencia.
Dentro dos Servizos Sociais do Concello de Salvaterra, poderá atopar servizos prestados por traballadoras sociais ou servizos de Intervención Familiar e Psicosocial.