Casa do Concello
Capital do Viño do Condado do Tea
Benvido a Salvaterra de Miño

MurallasXa foron os romanos os que percorreron estas terras asentándose sobre os antigos castros celtas e construiron novas vías de comunicación para conectar este territorio co resto da provincia de Galaecia.

No século X encontramos as primeiras referencias documentais o noso territorio.

Corría o ano 991, o monarca de Galicia Vermudo II entrega o coto de numerosas terras á igrexa de Santiago de Compostela, a cal se encarga a partir dese momento da súa administración. No seu texto correspondente aparece o nome de diversas localidades, entre elas o de Lacedurium, que co tempo derivou Vermudoen Lazoiro, anterior nome da vila. Este é o primeiro escrito atopado onde se fai referencia ao municipio.

Desde este momento, a doazón de terras por parte dos monarcas á igrexa compostelá realízase de forma habitual, sendo neste mesmo ano 991, cando o rei Vermudo II cede á igrexa de Santiago rexións como Lacedurium (Salvaterra), Sautolovari (Sotulobre) ou Asantei (Arantei), entre outras.
Nos séculos XI e XII delimítase a fronteira co novo reino veciño, Portugal. Esperan décadas de intensas loitas, con Salvaterra como lugar de gran valor estratéxico debido á súa posición fronteiriza.
O primeiro paso cara este conflito, repetido ao longo dos séculos, dáse no ano 1095, momento no cal o monarca de León e de Castela, Alfonso VI, divide o territorio galego entre as súas dúas fillas, Urraca e Teresa. Á primeira outórgaselle o condado de Galicia e á segunda o condado de Portucalense.
A morte do herdeiro do reino, Sancho, trastorna os plans do monarca, véndose forzado a converter á súa filla Urraca na herdeira. Desde entón, o suceso que une a raiña Urraca co municipio de Salvaterra de Miño será o conflito que se orixina en 1120 coa súa medio irmán Teresa. O interese polas localidades fronteirizas do Baixo Miño provocan toda unha serie de loitas entre ambos os bandos, o que leva a raiña Urraca a utilizar o castelo de Salvaterra como refuxio. Actualmente no castelo de Salvaterra, atópase un pozo interior cun pasadizo, actualmente tapiado, polo cal se cre que comunicaba ambos os lados do río e polo cal a raíña se desprazar sen ser percibida polas tropas inimigas nin as súas.Urraca
En 1126 Urraca morría en Saldaña (Palencia) ocupando o posto real o seu fillo, Alfonso VII de León "o Emperador"
Co paso dos anos, as disputas polo territorio entre portugueses e casteláns van a máis. O sucesor de Alfonso VII, Fenando II (1137-1188), ten que repeler máis dunha invasión lusa dirixida por Alfonso Henriques. Por iso, cansado das incursións lusas ao longo do Baixo Miño, promove a creación de sistemas defensivos por toda a zona. Fortifícanse núcleos poboacionais estratéxicos e fíxase unha fronteira política entre ambas as rexións, marcada polo río Miño.
Tras varios anos de intensas loitas, a inicios de 1643 Salvaterra cae. O conde de Castel-Melhor toma a vila e denomínaa Salvaterra de Portugués. Ademais, refórzase o eixo Monçao-Savaterra unindo ambas as vilas por medio dunha ponte de madeira, facilitando o traslado de subministracións entre as poboacións. Tras varios intentos de recuperación do territorio, as tropas españolas o 17 de febreiro de 1659 fai efectiva a toma da vila.
O conflito conclúe co tratado de paz de 1668.

Octubre 2024
L M X J V S D
30 1 2 3 4 5 6
7 8 9 10 11 12 13
14 15 16 17 18 19 20
21 22 23 24 25 26 27
28 29 30 31 1 2 3
 PlanAntifraudeConcello
Plan Forestal
InventarioMunicipal
AnaliticasAugas
MuseoDaCienciaDoVinho
Termas
InformacionTuristica
ORALNuevo
Deputacion2
SedeCatastro
PIC
EidoLocal
PIOM

EmpregoPublico
Farmacias de Guardia
XuventudeNet
RutaVino
Meteo Galicia