A Casa do Concello de Salvaterra de Miño foi inaugurada o 29 de Marzo de 2003 polo entón Presidente da Xunta de Galicia D. Manuel Fraga Iribarne, sendo Alcalde de Salvaterra de Miño, D. Arturo Grandal Vaqueiro.
Datos de interese sobre a Casa do Concello.
- Comezo obra: 1989.
- Finalización obra: marzo 2003.
- Extensión aproximada: 10.000 m2.
- Arquitecto: José Luis Pereiro.
- Estilo arquitectónico tradicional (modelo Deputación Provincial Pontevedra).
- Estrutura:
Soto: almacén e garaxes.
Planta baixa: salón de sesións e actos, información xeral, rexistro, tesourería, recadación, rendas, intervención, informática, policía local.
1ª planta: dependencias de alcaldía, secretaría, servizos sociais, emprego, obras públicas.
Baixo cuberta: arquivo, cultura, cámara de comercio.
Sistema de intercomunicación interior, aproveitamento luz exterior, salas de espera na maioría dos departamentos.
Peculiar detalle decorativo: pasamáns da escaleira principal: aparecen talladas cepas con acios de uvas brancas.
Datos económicos: construción pola administración + colaboración do INEM, Escola Taller e cursos de formación + subvención Xunta de Galicia.
Investimento municipal: compra de terreos e honorarios a traballadores e técnicos. A Praza foi subvencionada pola Consellería de Política Territorial.
Trátase dunha construcción moderna e con grandes espazos abertos para o disfrute da cidadanía na que podemos destacar a Praza da Contitución, lugar de lecer e faladoiros para os cidadáns.
ELEMENTOS QUE FORMAN O NOSO ESCUDO.
Os dous fortes representados fan alusión ás prazas de Salvaterra e de Monçao, que como sabemos están separadas polo curso do río Miño.