Casa do Concello
Capital do Viño do Condado do Tea
Benvido a Salvaterra de Miño

O primeiro polígono do Condado

O polígono industrial Chan da Ponte é o único parque industrial en funcionamento na comarca do Condado. Foi promovido polo Concello de Salvaterra de Miño durante a década dos 80 e aprobado con carácter definitivo o 27 de novembro de 1996. 
Chan da Ponte acolle actividades industriais e comerciais estreitamente relacionadas cos recursos da zona.
A construcción deste polígono supuxo un freo á despoboación do rural, favorecendo a recuperación e o crecemento económico do municipio. 
Está situado en Salvaterra, dentro da área económica de Vigo e moi próximo á fronteira con Portugal, e conta con tódalas comodidades dunha infraestructura moderna onde priman os servicios, ás empresas e á mellora das vías de comunicación.
Este polígono tiña en principio unha extensión de 102.317 m², con todo, a gran demanda de solo industrial obrigou ó Concello a ampliar a superficie ata os 276.192 m²

 

DISTRIBUCIÓN:

Zona industrial: 156.111m²
Está distribuído en 44 parcelas con posibilidade de agrupamento e de segregación non inferior a 500 m².

Sistema Viario: 40.179 m².
Conta con viarias internas principais de 10 metros e outros secundarios de 12 metros, con zonas de aparcadoiro e beirarúas a ámbolos dous lados.
As vías de acceso directo son a PO-403 e a PO-410, que comunican o polígono coa Autovía das Rías Baixas (A-52), Portugal e as localidades limítrofes (Salceda, Ponteareas e As Neves)

Equipamento comercial e social: 19.385 m²

Existen varios proxectos en fase de estudio como servicios de hostelería, comercio, oficinas e servicios as empresas para desenvolver dentro do polígono. 

Zonas verdes: 34.652 m².

O Concello de Salvaterra leva a cabo un programa de crecemento industrial sostible, creando espacios verdes dentro do polígono e recuperando ecolóxicamente un entorno degradado.

Zonas Deportivas: 15.346 m².

Campo de herva sintética.
      Pista deportiva polivalente (fútbol sala, baloncesto, ... ).
      Aparcadoiro de vehículos.
      Parque biosaudable.
      Pista de petanca cuberta.

Comunicacións mais próximas e distancias coas principais cidades galegas:

Porto de vigo 32 Km
Terminal de carga de Tui 22 Km
Autopista do Atlántico 14,6 Km
Autovía das Rías Baixas 4,9 Km
Aeroporto de Vigo 30 Km
Aeroporto de "O Porto" 100 Km
Estación de tren de Guillarei 15 Km

Vigo 32 Km
Pontevedra 57 Km
Santiago 113 Km
A Coruña 183 Km
Ferrol 203 Km
Ourense 76 Km
Lugo 161 Km
Diciembre 2024
L M X J V S D
25 26 27 28 29 30 1
2 3 4 5 6 7 8
9 10 11 12 13 14 15
16 17 18 19 20 21 22
23 24 25 26 27 28 29
30 31 1 2 3 4 5
 PlanAntifraudeConcello
Plan Forestal
InventarioMunicipal
AnaliticasAugas
MuseoDaCienciaDoVinho
Termas
InformacionTuristica
ORALNuevo
Deputacion2
SedeCatastro
PIC
EidoLocal
PIOM

EmpregoPublico
Farmacias de Guardia
XuventudeNet
RutaVino
Meteo Galicia