O artigo 55 do TRRL (Texto refundido do Réxime Local), así como a Lei Reguladora das Bases de Réxime Local, no seu artigo 4, sinálanos que o Concello, a Deputación Provincial e demais órganos supramunicipais serán os titulares para ditar regulamentos e ordenanzas. Así mesmo, o Alcalde será o órgano titular para ditar bandos.
CONCEPTO. Son normas xurídicas xerais e obrigatorias de carácter subordinado ás Leis, establecidas polas entidades locais, no marco das súas competencias, e en relación aos intereses públicos que lles están encomendados.
Regulamentos: Son normas internas que regulan a actuación administrativa propia da Entidade Local , de funcionarios ou servizos. (Regulamento de servizos, Policía Local etc.) ou o Regulamento é unha "norma xurídica emanada da Administración con rango inferior á Lei formal".
Ordenanzas: Son normas que regulan ao Ente Local cos seus administrados (Ordenanzas fiscais, de uso do chan e edificación, de Policía e Bo goberno, tráfico etc.). E tamén di: son disposicións xerais, e por tanto dirixidas ao cidadán, aprobadas polo Pleno da Corporación Local.
Bandos: Son normas ditadas e aprobadas polo Alcalde, para o desenvolvemento das súas competencias propias art. 21.1.e LBRL ( non sendo delegable ) utilízanse para lembrar obrigacións legais, dar a coñecer situacións de interese ou solicitar a cooperación veciñal.
Nesta páxina pode atopar tanto as Ordenanzas Fiscais, Ordenanzas Municipais xunto cos Regulamentos do Concello de Salvaterra de Miño.
O texto destes documentos atópase dispoñible en ficheiro con formato PDF. Para poder visualizalos é necesario ter instalado no seu equipo o Adobe Acrobat Reader. Se non o ten instalado, pode facelo desde a seguinte dirección web: