Salvaterra do Miño ten moito que ofrecer ao visitante. É unha zona preciosa, moi agradable de visitar. A súa gastronomía fundaméntase na alta calidade das súas materias primas, entre as que destaca a lamprea, que ben pode acompañarse dos grandes viños que ofrece esta comarca. O Condado do Tea é unha das cinco subzonas que forman a Denominación de Orixe das Rías Baixas e trátase dunha das zonas de referencia do viño Albariño.
É por iso que o Concello de Salvaterra de Miño ten un dos mellores Museos de interactivos de España, o “Museo da Ciencia do Viño do Condado do Tea”.
O Museo da Ciencia do Viño do Contado do Tea sitúase no interior do “Castelo de Dona Urraca”, unha impresionante fortaleza cuxos inicios de construción remóntanse aos séculos X- XI e que foi declarado Ben de Interse Cultural dende o ano 1949.
Neste Museo da Ciencia do Viño, difúndese todo o relacionado coa historia da viticultura en Galicia, a vide, o viñedo... e todas as labores da viña, como a poda, a vendima, ou o enxerto.
O castelo presenta unha planta en forma de “L”, que se tivo moi presente na realización da distribución dos seus contidos museográficos.
O equipamento deste Museo, utiliza recursos museográficos de última xeración, aplicacións multisensoriais, interactivos e todo tipo de recursos gráficos co que ofrecer un amplo percorrido das características da enoloxía da zona.
Visite www.turismo.concellodesalvaterra.org