1. Noticias
  2. Axudas e Subvencións
  3. Avisos

O vindeiro domingo 30 de novembro, a partir das 17:00 horas, terá lugar en Salvaterra de Miño na carpa do recinto amurallado a “Xuntanza de Maiores”, unha xornada de dinamización social dirixida ás persoas de 65 anos ou máis dos municipios que conforman a Eurocidade Salvaterra de Miño – Monção. A actividade está cofinanciada polo Programa de Cooperación INTERREG VI A España-Portugal (POCTEP) 2021-2027, no marco do proxecto “Red de Gobernanza do Río Minho Transfronteirizo”.

O encontro contará coa actuación musical do grupo de música tradicional galega e portuguesa Ronko & Fol, que amenizará unha tarde pensada para compartir, e cunha merenda para celebrar e fortalecer os vínculos culturais e sociais entre as dúas beiras do Miño.

Os obxectivos desta xuntanza forman parte da acción piloto desenvolvida dentro do proxecto e persegue varios obxectivos fundamentais:

  a) Informar á poboación maior da Eurocidade sobre a acción piloto e sobre o conxunto do proxecto “Red de Gobernanza do Río Minho Transfronteirizo”, achegando os seus contidos, liñas de traballo e beneficios.

  b) Animar e fomentar a participación activa desta poboación nas diferentes actividades incluídas na acción piloto, dando a coñecer propostas pensadas especificamente para mellorar o benestar e a dinamización social das persoas maiores.

  c) Promover o contacto, a convivencia e a confraternidade entre a cidadanía de Salvaterra de Miño e Monção, reforzando o espírito europeo e cooperativo que define á Eurocidade.

Dado o obxectivo da acción, a actividade desenvolverase cun enfoque claramente transfronteirizo, contando coa participación e coordinación dos dous municipios que integran a Eurocidade. Preténdese, ademais, favorecer en todo momento a participación conxunta dos cidadáns de ambos lados da fronteira, fortalecendo a cooperación, os lazos afectivos e o coñecemento mutuo. Convidamos as persoas maiores da comunidade a participar nesta tarde festiva e de convivencia, que aspira a converterse nun espazo de encontro e cohesión sen fronteiras.

Cartel Xuntanza Maiores 202

Noviembre 2025
L M X J V S D
27 28 29 30 31 1 2
3 4 5 6 7 8 9
10 11 12 13 14 15 16
17 18 19 20 21 22 23
24 25 26 27 28 29 30

 

 PlanAntifraudeConcello

Plan Forestal
InventarioMunicipal
AnaliticasAugas
MuseoDaCienciaDoVinho
Termas
InformacionTuristica
 
Deputacion2
SedeCatastro
EidoLocal
PIOM

EmpregoPublico
Farmacias de Guardia
XuventudeNet
RutaVino
Meteo Galicia