1. Noticias
  2. Axudas e Subvencións
  3. Avisos

O Concello de Salvaterra de Miño ven de rematar a actuación de mellora do acceso ó Polígono Chan da Ponte, unha obra de máis de 149.000 euros cofinanciada a través das axudas encamiñadas á habilitación e mellora de infraestruturas dos Parques Empresariais da Comunidade Autónoma de Galicia, por un importe de 119.956,06 euros e polo Concello de Salvaterra de Miño en preto de 30.000 euros. Con estas obras mellórase o acceso ó Polígono Industrial Chan da Ponte, un polígono que conta cunha superficie de 275.000 m² e unha superficie neta industrial de 156.111 m², cunha opupación do 83% e un total de 40 empresas desenvolvendo a súa actividade. As actuacións consistiron na mellora do firme no acceso ó Polígono e de dous viais internos, ademais da construción de dous tramos de beirarrúa de formigón en cor e a colocación de bolardos, co fin de mellorar a seguridade dos peóns, especialmente nenos e nenas que se desprazan andando ó IES Salvaterra de Miño, executando tamén melloras na drenaxe de augas pluviais.

ChanDaPonte1ChanDaPonte2ChanDaPonte3ChanDaPonte4

Noviembre 2025
L M X J V S D
27 28 29 30 31 1 2
3 4 5 6 7 8 9
10 11 12 13 14 15 16
17 18 19 20 21 22 23
24 25 26 27 28 29 30

 

 PlanAntifraudeConcello

Plan Forestal
InventarioMunicipal
AnaliticasAugas
MuseoDaCienciaDoVinho
Termas
InformacionTuristica
 
Deputacion2
SedeCatastro
EidoLocal
PIOM

EmpregoPublico
Farmacias de Guardia
XuventudeNet
RutaVino
Meteo Galicia