1. Noticias
  2. Axudas e Subvencións
  3. Avisos
Advertencia
  • Fallo borrando thumb_192_2513.jpg

O día 12 de setembro celebrouse as 12:30 horas no salón de plenos do Concello de Salvaterra de Miño o acto de clausura do Obradoiro de Emprego Salvaterra Emprega IV. Un obradoiro de 9 meses de duración onde 20 persoas desempregadas do concello se formaron nos certificados de profesionalidad de “Actividades Auxiliares en conservación e mellora de montes” e “Actividades Auxiliares en viveiros, xardíns e centros de xardinería” e o módulo formativo de “Aproveitamentos forestais”. Se realizaron numerosas actuacións de mantemento de xardíns, rotondas, sendas, no parque da Canuda e posta en valor do Monte Castelo e a construcción dun xardín vertical instalado na rúa Miño na ponte do tren, inaugurado o pasado 29 de agosto. O acto resultou moi emotivo, estiveron presentes o alumnado/traballador, o equipo directivo e docente, a alcaldesa Dna. Marta Valcarcel Gómez xunto co concelleiro delegado de Persoal, vias e obras e o Xefe Territorial da Consellería de Emprego de Pontevedra, Comercio e Emigración, D. José Antonio Rodriguez Fachado, quenes tiveron ocasión de intervir para agradecer o traballo realizado, desexar que esta experiencia vivida e estas formación lles facilite o alumnado un futuro laboral próspero e a felicitación por acadar os obxectivos plantexados, ademáis de visualizar un video-presentación de todas as obras acometidas durante os 9 meses polo alumnado/traballador, onde os protagonistas foron o propio alumnado, así como os bonitos lugares e paisaxes do concello.

17 09 25 Obradoiro de Emprego 117 09 25 Obradoiro de Emprego 217 09 25 Obradoiro de Emprego 3

Noviembre 2025
L M X J V S D
27 28 29 30 31 1 2
3 4 5 6 7 8 9
10 11 12 13 14 15 16
17 18 19 20 21 22 23
24 25 26 27 28 29 30

 

 PlanAntifraudeConcello

Plan Forestal
InventarioMunicipal
AnaliticasAugas
MuseoDaCienciaDoVinho
Termas
InformacionTuristica
 
Deputacion2
SedeCatastro
EidoLocal
PIOM

EmpregoPublico
Farmacias de Guardia
XuventudeNet
RutaVino
Meteo Galicia