Capital do Viño do Condado do Tea
Exterior da Muralla - Vila Milenaria
  1. Noticias
  2. Axudas e Subvencións
  3. Avisos

Verán cultural Concello de SalvaterraDende o 27 de xullo e ata o 7 de setembro o público poderá desfrutar dunha programación variada coas festas máis esperadas e novidades.

O Concello de Salvaterra de Miño presenta o Verán Cultural 2024, unha programación dirixida a todo o público dende máis maiores ata os máis pequenos e pequenas que contan coma sempre cun apartado especial.

O inicio da programación máis esperada do ano terá lugar o 27 de xullo co concerto de Carlos Núñez que volve un ano máis a Salvaterra de Miño dentro da súa xira “Lugares Máxicos”. As entradas están á venda no Museo da Ciencia do Viño e na web ataquilla.com Dentro do calendario para o verán non podían faltar festas tan importantes e destacadas como O Mundo a Danzar, O Son da Muralla ou Imos de Guateque; que continúan crecendo en público ano tras ano e que son un atractivo dentro e fora do noso Concello. A Festa do Viño do Condado do Tea chega a súa sesaxésima quinta edición onde destacan as catas populares, o Túnel do Viño, a gastronomía e os concertos con nomes destacados como Luar na Lubre, De Vacas ou Roi Casal.

Nos próximos días chegará as casas toda a programación detallada do Verán Cultural de Salvaterra de Miño pero xa adiantamos aquí as datas:

   - Sábado 27 xullo: Concerto “Carlos Núñez”

   - Luns 29 xullo: Festa da Espuma e Animación musical

   - Mércores 31 xullo: Festa Hinchables de auga

   - Xoves 1 agosto: Baile Moderno

   - Venres 2 de agosto: Festival Folclórico A.C. Pontenova

   - Sábado 3 agosto: O Son da Muralla

   - Luns 5 agosto: O Mundo a Danzar

   - Mércores 7 agosto: Concerto da Orquestra Clásica de Vigo

   - Xoves 8 agosto: Concerto de Corais de Salvaterra e Banda de Música de Salvaterra  

   - Venres 9 e sábado 10 agosto: Festa de San Lourenzo

   - Sábado 10 agosto: Imos de Guateque

   - Luns 12 agosto: Cine Infantil

   - Martes 13 agosto: Cine Infantil

   - Mércores 14 agosto: Desfile de moda

   - Venres 30 agosto: Encontro de bandas

   - Sábado 7 setembro: Tempo atrás de Dramiño.

A programación os días 23, 24 e 25 de agosto coa LXV Festa do Viño do Condado do Tea será a seguinte:

   - Venres 23 agosto: Inauguración e concertos de “Roi Casal”, “D’Crooners” e “Momboi”.

   - Sábado 24 agosto: Concertos de “Luar na Lubre”, “De Vacas” e “Club Naval”.

   - Domingo 25 agosto: Concertos de “Lenha Verde”, “Black Lovers” e “Somoza Trío”.

Agardámosvos neste verán en Salvaterra de Miño.

12 07 24 Presentación Verán Cultural 2024

 

Julio 2024
L M X J V S D
1 2 3 4 5 6 7
8 9 10 11 12 13 14
15 16 17 18 19 20 21
22 23 24 25 26 27 28
29 30 31 1 2 3 4
 PlanAntifraudeConcello
Plan Forestal
InventarioMunicipal
AnaliticasAugas
MuseoDaCienciaDoVinho
Termas
InformacionTuristica
ORALNuevo
Deputacion2
SedeCatastro
PIC
EidoLocal
PIOM

EmpregoPublico
Farmacias de Guardia
XuventudeNet
RutaVino
Meteo Galicia