A ALCALDESA DE SALVATERRA DE MIÑO VALORA MOI POSITIVAMENTE A SENTENZA DO TRIBUNAL SUPERIOR DE XUSTIZA DE GALICIA QUE DA SEGURIDADE XURIDICA AO POLÍGONO INDUSTRIAL CHAN DA PONTE E AOS CENTOS DE POSTOS DE TRABALLO QUE XENERA
Dende que no ano 2020 a Comunidade de Montes de Salvaterra tramitara a denuncia formal ao Concello pola parcela de Bouza do Viso en Chan da Ponte, e os diferentes actos de conciliación aos que estaba instando a diferentes empresas que desenvolven a súa actividade no Polígono Municipal estaban xerando unha situación de confusión, incertidume e medo entre os empresarios. Esta sentenza pon punto e final a esta situación e reafirma que Chan da Ponte é municipal. O TRIBUNAL SUPERIOR DE XUSTIZA DE GALICIA DA A RAZÓN AO CONCELLO DE SALVATERRA DE MIÑO FRENTE A COMUNIDADE DE MONTES VECIÑAIS EN MAN COMÚN DE SALVATERRA DE MIÑO E A SUA DEMANDA POLA PROPIEDADE DUNHA PARCELA EN CHAN DA PONTE A sentenza emitida o 02/04/2024 é firme é desestima a demanda interposta pola CCMM de Salvaterra de Miño. O 9/12/20 era admitida a demanda interposta pola CCMM de Salvaterra de Miño contra o Concello de Salvaterra de Miño onde pedían que se declarara a parcela de monte denominada Bouza do Viso – en Chan da Ponte, como propiedade da Comunidade de Montes, por vir facendo un uso inmemorial dela os veciños e veciñas da parroquia de Salvaterra na forma prevista na lei 13/1989. Despois que a xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución nº3 de Ponteareas ditara sentenza o 7/06/2022 desestimando integramente a demanda interposta pola CCMM de Salvaterra de Miño, alegando a falta de prova do aproveitamento e a Praza da Constitución, nº1. Salvaterra de Miño. 36450 PONTEVEDRA Tlfs: 986 65 81 26 - 986 65 80 82 Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo. imposibilidade de determinar a extensión, límites e sobre todo a situación do monte Chan da Ponte. Sinalando que o descoñecemento da situación do monte impedía afirmar que a parcela discutida encontrábase dentro de dito monte e manifestando que a CCMM tampouco conseguira acreditar o uso inmemorial da parcela polos veciños da parroquia de San Lorenzo, e a Sección Terceira da Audiencia Provincial de Pontevedra dictara entenza con data 27/04/2023 estimando o recurso da CCMM ao entender que aínda que no se coñecesen os lindeiros do monte comunal, a parcela Bouza do Viso atopábase enclavada dentro de dito monte, resultando innecesario acreditar o uso que se viña facendo da mesma, nin a revisión da ubicación do monte. Agora o Tribunal Superior de Xustiza ven a ditar con data 2/04/2024 nova sentenza (en este caso firme) que deixa sen efecto a de Audiencia, confirmando a de primeira instancia, reiterando e insistindo en que a CCMM non acreditou en ningún momento o uso consuetudinario da parcela Bouza do Viso reclamada. Con elo se ven a estimar o recurso de casación interposto polo Concello de Salvaterra de Miño a través da súa asesoría xurídica.