Con data 04/03/2024 acordabase o inicio dun Polígono Agroforestal en Cabreira, en Salvaterra de Miño; e trala publicación no Diario Oficial de Galicia o 04.03.2024 da declaración de utilidade pública e interese social deste proxecto, anúnciase o comezo dos traballos de investigación da propiedade.
O día 03.06.2024 publicouse na páxina web da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural e no taboleiro edictal do concello de Salvaterra de Miño o parcelario actual, para que poida ser consultado polos titulares das parcelas incluídas dentro do perímetro do polígono agroforestal.
Nas próximas semanas o Concello de Salvaterra de Miño informará mediante bandos informativos das datas e lugares nos que os técnicos da Axencia atenderán presencialmente aos titulares.
Pode solicitar máis información nas oficinas do Concello de Salvaterra de Miño ou a través do teléfono 986658126, e poderán consultar toda a información sobre o polígono agroforestal na páxina web da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural https://agader.xunta.gal/gl/recuperacion-de-terras/poligonos-agroforestais/cabreira