O CONCELLO DE SALVATERRA DE MIÑO SACA A LICITACIÓN A OBRA DE RECUPERACIÓN DO ESPAZO PARA USO PEONIL NA RÚA FORCA POR UN IMPORTE DE 539.962,50 euros.
Esta actuación comprende a humanización da rúa Forca entre a rúa de Rosalía de Castro e a rúa Castelao, con catro zonas diferenciadas de actuación, buscando a humanización de espazos onde o peón gañe protagonismo, coa demolición de beirarrúas existentes, buscando unha continuidade dos espazos a través da creación dunha plataforma única, que lle dará protagonismo as persoas. O proxecto orixe desta actuación foi financiado a través da Rede Ágora da Deputación Provincial. Esta obra está financiada en 431.970,00 € polo Programa Provincial de Infraestruturas e dotacións singulares para a execución da Axenda 2030 e a cofinanciada polo Concello de Salvaterra de Miño en 107.992,50€ a través do Plan +Provincia da Deputación Provincial. O prazo de execución da obra será de seis meses a partires da sinatura da acta de replanteo.