Capital do Viño do Condado do Tea
Exterior da Muralla - Vila Milenaria
  1. Noticias
  2. Axudas e Subvencións
  3. Avisos

As piscinas municipais de Salvaterra de Miño abriron as súas portas ó público o pasado 21 de xuño e dende entón contaron coa visita de máis de mil persoas. Coa chegada do verán e o bo tempo é momento de ofrecer ós nosos veciños e veciñas opcións de ocio para pequenos e maiores. Polo que este ano nuevamente apostouse pola ampliación do período de apertura, así as instalacións abrirán un mes máis e continuarán en funcionamento ata o vindeiro 15 de setembro para que todo o que queira poida desfrutar nas tardes do verán. O horario das piscinas municipais é de martes a venres de 15:00 a 21:00h e o fin de semana, sábados e domingos, dende as 14:30 ata as 21:00h. Os luns permanecerán pechadas para o mantemento das mesmas. Ademais o pasado día 2 de xullo deron comezo as clases de natación en horario de mañá que se prolongarán ata finais de xullo e no mes de agosto comezará outro grupo novo. No entorno das piscinas contamos cun servizo de aluguer de bicicletas que está dispoñible de venres a domingo e festivos en horario de 09:00 a 13:00 e de 19:00 a 22:00 horas na entrada do Parque da Canuda para a época estival.

05 07 24 Piscina Municipal05 07 24 Caseta Bicis

Julio 2024
L M X J V S D
1 2 3 4 5 6 7
8 9 10 11 12 13 14
15 16 17 18 19 20 21
22 23 24 25 26 27 28
29 30 31 1 2 3 4
 PlanAntifraudeConcello
Plan Forestal
InventarioMunicipal
AnaliticasAugas
MuseoDaCienciaDoVinho
Termas
InformacionTuristica
ORALNuevo
Deputacion2
SedeCatastro
PIC
EidoLocal
PIOM

EmpregoPublico
Farmacias de Guardia
XuventudeNet
RutaVino
Meteo Galicia