Capital do Viño do Condado do Tea
Exterior da Muralla - Vila Milenaria
  1. Noticias
  2. Axudas e Subvencións
  3. Avisos

Durante os meses de xullo, agosto e setembro aquelas persoas que consuman na hostelería de Salvaterra de Miño poderán optar a máis de 40 premios.

O Concello de Salvaterra de Miño en colaboración cos locales de hostalaría organiza a primeira edición de “Verán con Sabor”, unha guía gastronómica para os meses de xullo, agosto e setembro na que os consumidores poderán entrar no sorteo de importantes premios. Dentro da guía da que forman parte un total de 27 establecementos, os consumidores poderán descubrir e probar aquelas propostas que ofertan como recomendación e suxerencia os establecementos da vila dentro da súa carta. Con motivo da chegada do verán e con el os turistas e visitantes que elixen Salvaterra de Miño como destino e os veciños e veciñas que aproveitan a oferta cultural para facer plans de ocio, o Concello de Salvaterra de Miño busca promover e promocionar a variedade de propostas gastronómicas e de lecer do municipio. Estas serán suxerencias que permiten ó consumidor optar por produtos típicos ou recomendados e que aportan información da oferta gastrónomica de cada local e que xa forma parte da súa carta ou oferta habitual durante o ano. A través da páxina web o consumidor poderá coñecer as suxerencias de cada local que van dende: un almorzo especial, unha tapa recomendación do chef ou un cóctel elaborado, entre outros. O obxectivo é dar a coñecer ese traballo que se fai en cada local de maneira diaria e que probablemente moitas veces descoñecemos ó mesmo tempo que serve como guía para consumidores que buscan propostas diferentes. “Verán con Sabor” contará tamén cun sorteo ó finalizar a campaña de 44 premios. Aquelas persoas que participen poderán gañar un primeiro premio de 300€, segundo de 200€, terceiro de 100€, tres premios de 50€ e un premio de 30€ para gastar nos locais Praza da Constitución, nº1. Salvaterra de Miño. 36450 PONTEVEDRA Tlfs: 986 65 81 26 - 986 65 80 82 Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo. participantes ademais de 27 premios máis aportados por estes mesmos locais e 10 bonos para o Espazo Lúdico Termal de Teáns-Oleiros. Para participar cada consumidor deberá recoller o seu pasaporte nos locais adheridos e conseguir un total de 6 selos (6 pinchos diferentes) e cubrir os seus datos persoais. Entre todos os pasaportes cubertos e depositados nas urnas dos locais realizarase o sorteo dos premios da campaña. Nos próximos días publicarase toda a información na web da campaña veranconsabor.concellodesalvaterra.com

22 06 24 Campaña Verán con Sabor

Junio 2024
L M X J V S D
27 28 29 30 31 1 2
3 4 5 6 7 8 9
10 11 12 13 14 15 16
17 18 19 20 21 22 23
24 25 26 27 28 29 30
 PlanAntifraudeConcello
Plan Forestal
InventarioMunicipal
AnaliticasAugas
MuseoDaCienciaDoVinho
Termas
InformacionTuristica
ORALNuevo
Deputacion2
SedeCatastro
PIC
EidoLocal
PIOM

EmpregoPublico
Farmacias de Guardia
XuventudeNet
RutaVino
Meteo Galicia