Capital do Viño do Condado do Tea
Exterior da Muralla - Vila Milenaria
  1. Noticias
  2. Axudas e Subvencións
  3. Avisos

Case unha vintena de postos de artesanía, comida e artigos de segunda man participaran no Mercado Milenario dentro do recinto amurallado.

O vindeiro 25 de maio Salvaterra de Miño celebra os mil anos de historia da vila tal e como consta no primeiro documento escrito que fai referencia a esta localidade e data do 24 de maio do ano 991. Con motivo desta celebración, o Concello de Salvaterra de Miño prepara un día de actividades no recinto amurallado pensada para tod@s. 

Nesta ocasión dende a Concellería de Cultura organízase un Mercado Milenario onde case unha vintena de postos ambientados na época medieval participarán na celebración.

O mercado ubicado no recinto amurallado de Salvaterra poderá visitarse durante todo o día, dende as 10:30 horas e ata as 21:30 horas. Os postos formados por artesáns, comercios e asociacións contará con produtos de madeira, xoguetes, bisutería, segunda man, libros, comida, bebida, pintacaras e outras actividades para @s nen@s, entre outros produtos e servizos.

Durante todo o día Salvaterra Milenaria contará tamén con diferentes actividades para @s máis pequen@s e para toda a familia.

Pola mañá ás 11:00 horas comezará a programación con xogos populares e tradicionais como zoca, os zancos, o burro, as pontes, a chave de ferrolterra ou a chave ourensá. Estes xogos, coa estética tradicional e medieval, son Praza da Constitución, nº1. Salvaterra de Miño. 36450 PONTEVEDRA Tlfs: 986 65 81 26 - 986 65 80 82 Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo. interxeracionais, o que permiten o libre xogo e desfrute entre maiores e pequen@s.

Xa ás 12:00 horas diante da Biblioteca teremos unha actividade para @s nen@s interactiva e foi didáctica “A Caixa do Conto” onde se explicará a historia de Salvaterra de Miño. As actividades continúan pola tarde co “Misterio das 7 Portas” onde @s pequen@s poderán descubrir máis da vila cun percorrido cheo de enigmas e adiviñas polo Museo da Ciencia do Viño.

A continuación ás 18:30 horas rematará a programación de actividades cun gran xogo de desfrute en familia no que se coñecen e descubren curiosidades e misterios sobre a terra salvaterrense “Salvaterra Milenaria. Entre murallas e misterios”, probas que permiten ós xogadores indagar libremente polo recinto da muralla namentres superan os diferentes retos.

Cartel Salvaterra Milenaria

Junio 2024
L M X J V S D
27 28 29 30 31 1 2
3 4 5 6 7 8 9
10 11 12 13 14 15 16
17 18 19 20 21 22 23
24 25 26 27 28 29 30
 PlanAntifraudeConcello
Plan Forestal
InventarioMunicipal
AnaliticasAugas
MuseoDaCienciaDoVinho
Termas
InformacionTuristica
ORALNuevo
Deputacion2
SedeCatastro
PIC
EidoLocal
PIOM

EmpregoPublico
Farmacias de Guardia
XuventudeNet
RutaVino
Meteo Galicia