1. Noticias
  2. Axudas e Subvencións
  3. Avisos

As obras permiten mellorar a seguridade e calidade dos viais ubicados na parroquia de Oleiros e na de Salvaterra. O Concello de Salvaterra de Miño ven de rematar as obras da primeira fase correspondente a primeira anualidade deste 2023 para a mellora de accesos en Coto (Oleiros) e o Couto (Salvaterra), obras realizadas a través do Plan Camiños 2023-2024 financiadas mediante a subvención da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural da Consellería do Medio Rural ao abeiro do Plan de mellora de camiños municipais por un importe de 55.166 euros (a dividir entre os dous anos), asumindo o Concello o valor restante de 11.584,86 euros. Deste xeito, e co fin de mellorar a calidade e seguridade das estradas do municipio, o Concello segue co plan de mellora da súa rede viaria, neste caso coas obras de mellora de drenaxe e pavimentación de dous camiños municipais de acceso aos lugares de Coto, na parroquia de Oleiros e O Couto, na parroquia de Salvaterra, que se atopaban nun estado de notable deterioro. Ademais no tramo do Coto en Oleiros executouse un tramo de cuneta revestida de formigón para dar solución a evacuación das augas pluviais no vial.

foto1foto2foto3

Julio 2024
L M X J V S D
1 2 3 4 5 6 7
8 9 10 11 12 13 14
15 16 17 18 19 20 21
22 23 24 25 26 27 28
29 30 31 1 2 3 4
 PlanAntifraudeConcello
Plan Forestal
InventarioMunicipal
AnaliticasAugas
MuseoDaCienciaDoVinho
Termas
InformacionTuristica
ORALNuevo
Deputacion2
SedeCatastro
PIC
EidoLocal
PIOM

EmpregoPublico
Farmacias de Guardia
XuventudeNet
RutaVino
Meteo Galicia