1. Noticias
  2. Axudas e Subvencións
  3. Avisos

EN LICITACIÓN O NOVO CONTRATO DE SERVIZO DE ATENCIÓN TEMPERÁ NA AGRUPACIÓN DE CONCELLOS DE ARBO, SALVATERRA DE MIÑO E CRECENTE POR PRETO DE 300.000,00€ POR 15 MESES COA POSIBILIDADE DE 1 PRÓRROGA POR 12 MESES MÁIS

As empresas interesadas poderán presentar as súas ofertas ata o 16 de outubro, os pregos están pubricados na plataforma de contratación do estado Despois da sinatura do novo convenio de colaboración entre os Concellos de Arbo, Salvaterra de Miño e Crecente para a prestación do servizo de Atención Temperá e o cambio de concello cabeceira o Concello de Salvaterra de Miño licita o novo contrato para a prestación do Servizo.

A Atención temperá definese no Decreto 183/2013 como un conxunto de intervencións dirixidas á poboación infantil de 0 a 6 anos, a súa familia e ao seu contorno, e que ten por obxectivo dar resposta o antes posible ás necesidades transitorias ou permanentes que presentan os nenos e nenas con trastornos no desenvolvemento ou en risco de padecelos, para facilitar o seu desenvolvemento, a súa autonomía persoal e a inclusión social. Desde os servizos de atención temperá ofrecerase unha intervención biopsicosocial que favoreza a adquisición ou recuperación de funcións e de habilidades persoais e sociais para a mellora da autonomía, da convivencia social e familiar e da inclusión social.

Dende esta perspectiva, os servizos de atención temperá deberán entenderse como unha rede integral de responsabilidade pública de carácter universal, descentralizada e próxima á cidadanía, rexida ademais polos principios de igualdade, coordinación, atención personalizada, integración social, interese superior do/a menor, prevención, gratuidade, autonomía persoal e participación, interdisciplinariedade e alta cualificación profesional, diálogo e participación familiar e calidade. Ademais garántese que exista unha “coordinación e corresponsabilidade entre os sistemas de saúde, educación e servizos sociais na procura dunha acción integral destinada a satisfacer as necesidades das nenas e nenos con trastornos no desenvolvemento ou en risco de padecelos e das súas familias así como a súa prevención”. Esta coordinación interinstitucional é imprescindible para a mellora da calidade destes servizos creando e consolidando unha rede de recursos que facilite a igualdade de acceso ás familias de toda Galicia.

Este servizo, de acordo establecido no Decreto 149/2013, do 5 de setembro, polo que se define a carteira de servizos sociais, para a promoción da autonomía persoal e a atención ás persoas en situación de dependencia, deberá comprender as seguintes prestacións:

  .- Diagnose e valoración dos trastornos de desenvolvemento

  .- Desenvolvemento psicomotor

  .- Desenvolvemento cognitivo

  .- Desenvolvemento da linguaxe e comunicación

  .- Desenvolvemento da autonomía

  .- Desenvolvemento da área social e afectiva

  .- Apoio, información, habilitación e formación da familia.

O Servizo de atención temperá estará situado en cada un dos concellos participantes, en instalacións debidamente acondicionadas para tal fin, estando o mantemento do mesmo a cargo de cada un deles. Entendendo que esta opción na que o equipo profesional se despraza a cada concello supón unha mellor atención aos usuarios e as súas necesidades. A prestación deste servizo realizarase dende o día seguinte á data de formalización do contrato, respectando os días festivos marcados no calendario laboral.

O servizo desenvolverase de luns a venres segundo os seguintes horarios: - De mañá: De 8:30 a 14:30 horas. - De tarde: de 15:30 horas en adiante. Estes horarios poderán modificarse por acordo de ambas partes e sempre que as necesidades do servizo o precisen.

Para prestar o Servizo de atención temperá, crearase unha “Unidade de Apoio Familiar, Atención Temperá e Desenvolvemento Infantil” formada por un equipo multidisciplinar integrado como mínimo, por 3 profesionais das seguintes titulacións: Psicoloxía, Logopedia e Fisioterapia, con formación específica en materia de desenvolvemento infantil e atención temperá e/ou apoio familiar. Dentro deste equipo nomearase unha persoa responsable que actuará como coordinadora do mesmo e interlocutora coas persoas responsables a nivel municipal. A cualificación a nivel académico e a experiencia profesional das persoas que formarán parte deste equipo multidisciplinar está así mesmo regulada no Decreto 183/2013, do 5 de decembro, polo que se crea a Rede galega de atención temperá.

SAT Salvaterra

Octubre 2025
L M X J V S D
29 30 1 2 3 4 5
6 7 8 9 10 11 12
13 14 15 16 17 18 19
20 21 22 23 24 25 26
27 28 29 30 31 1 2

 

 PlanAntifraudeConcello

Plan Forestal
InventarioMunicipal
AnaliticasAugas
MuseoDaCienciaDoVinho
Termas
InformacionTuristica
 
Deputacion2
SedeCatastro
EidoLocal
PIOM

EmpregoPublico
Farmacias de Guardia
XuventudeNet
RutaVino
Meteo Galicia