1. Noticias
  2. Axudas e Subvencións
  3. Avisos

A Biblioteca Municipal de Salvaterra de Miño vén de ampliar o seu fondo bibliográfico coa incorporación de 100 novos libros en lingua galega, grazas a unha subvención da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia, concedida no marco da liña de axudas para a adquisición de novidades editoriais en galego destinadas a bibliotecas públicas.

O importe da subvención ascendeu a 1.550,38 euros, unha achega que permitiu adquirir obras de diferentes temáticas e destinadas a todas as idades, desde literatura infantil e xuvenil ata narrativa contemporánea.

A selección realizouse atendendo ás demandas dos usuarios e usuarias da biblioteca, así como ás necesidades detectadas no catálogo existente, co obxectivo de ofrecer un fondo actualizado, diverso e de calidade, que contribúa á promoción da lectura en galego e ó fomento do uso da nosa lingua.

Dende o Concello de Salvaterra de Miño continuamos apostando polos servizos culturais do municipio e reforzando o papel da biblioteca como espazo de encontro, aprendizaxe e difusión da cultura galega.

Libros Bib1Libros Bib2Libros Bib3

Octubre 2025
L M X J V S D
29 30 1 2 3 4 5
6 7 8 9 10 11 12
13 14 15 16 17 18 19
20 21 22 23 24 25 26
27 28 29 30 31 1 2

 

 PlanAntifraudeConcello

Plan Forestal
InventarioMunicipal
AnaliticasAugas
MuseoDaCienciaDoVinho
Termas
InformacionTuristica
 
Deputacion2
SedeCatastro
EidoLocal
PIOM

EmpregoPublico
Farmacias de Guardia
XuventudeNet
RutaVino
Meteo Galicia