Capital do Viño do Condado do Tea
Exterior da Muralla - Vila Milenaria

EscritoDonDiegoDeSoutomayor

Neste documento proveniente do Arquivo de Hijar atopamos como litigantes a Diego Sarmiento de Sotomayor conde de Salvatierra, marqués de Sobroso contra Fernando Zores sobre a posesión dos montes de Salvatierra de Miño. Divulgamos algunhas das partes desta alegación, unha xoia testemuñal do século XVII.

 

No ano 1389 Juan I de Castela donou Salvaterra a Paio Surreda de Soutomayor. O rei Juan II realizou unha nova cesión do señorío de Salvaterra ó conde de Ribadeo. Este vendeuna en 1446 a Diego Pérez Sarmiento. Dez anos maís tarde o título pertence a Álvaro Páez de Sotomayor. Heredou o señorío o irmán bastardo, Pedro Álvarez de Soutomayor, coñecido co sobrenome de Pedro Madruga.

Foi Pedro Madruga quen se enfrentou ó resto da nobleza galega na Guerra Irmandiña, tomando como prisioneiros a varios nobres galegos destacados como Fernando de Camba e García Sarmiento. Pedro encerrounos no Castelo de Salvaterra. Cando os liberaron do seu encerro o primeiro deles exclamou:

 

Salvatierra, Salvatierra
Onde estiven en prisiones
Non te chamen Salvaterra
Que te chamen Salvahomes

 

Pedro Madruga morreu en 1486. As suas propiedades pasan a mans do seu fillo Álvaro de Sotomayor, señor das casas de Soutomaior, Fornelos e Salvaterra, entre outras. Os Reis Católicos confírmanlle os seus señorios. Falece novo e sucédelle o seu fillo Pedro, quen perde Salvaterra como o reflexa o cronista Vasco de Aponte: "se perdió Salvatierra por ser pleito mal abogado y llevóla CélulaReisCatólicosGarcía Sarmiento por setencia definitiva, para siempre..."

No ano 1504 os Reis Católicos envían duas cédulas o arzobispo da Catedral de Santiago. Querían que se procedese a búsqueda no tombo da Igrexa dunhas escrituras onde constase que a vila pertencía á coroa real.

Anos maís tarde a dignidade condal foi concedida por Felipe III a Diego Sarmiento de Soutomaior, home da sua confianza e capitán xeneral de Sevilla e a súa terra.

Marzo 2024
L M X J V S D
26 27 28 29 1 2 3
4 5 6 7 8 9 10
11 12 13 14 15 16 17
18 19 20 21 22 23 24
25 26 27 28 29 30 31
 PlanAntifraudeConcello
Plan Forestal
InventarioMunicipal
AnaliticasAugas
MuseoDaCienciaDoVinho
Termas
InformacionTuristica
ORALNuevo
Deputacion2
SedeCatastro
PIC
EidoLocal
PIOM

EmpregoPublico
Farmacias de Guardia
XuventudeNet
RutaVino
Meteo Galicia