Capital do Viño do Condado do Tea
Exterior da Muralla - Vila Milenaria

PrimerosPobladores

CastrosLourido

O ser humano deixou as súas pegadas desde os tempos prehistóricos nos territorios que compoñen o municipio de Salvaterra, bañados polos ríos Miño e Tea. Multitud de restos e testumuños confírmano.

Son abundantes as mámoas, sobre todo na parroquia de Oleiros, aínda que están modificadas polas diferentes accións do home.

Os habitantes dos castros situaban nas zonas altas os seus asentamentos, porque eran maís facilmentes defendibles, e nas zonas baixas cultivaban as terras e paracticaban a gandeiría. Petroglifos no Monte San Amaro, en Lira

No Monte san Amaro (Lira) localízase un castro. Na coroa, onde se atopa a capela adicada a este santo, hai un grupo de petroglifos con forma de cazoletas. Nas terrazas son visibles depresións sobre o terreo que nos indican o emprazamento de varias vivendas circulares. No lugar encontráronse varios fragmentos de tégulas, anacos de ánforas e diversos restos cerámicos.CazoletasLira

No Monte do Castelo (Pesqueiras), a carón da ermita da Nosa Señora da Ascensión, hai un importante conxunto pétreo xusto na cima, nunha cavidade existente nas rochas. O Castro está constituido por unha coroa donde se sitúa o gran batolito rochoso e dúas terrazas orientadas cara poñente.

LucernaFiolledoEn Fiolledo atopóuse unha lucerna de bronce coa asa en forma de cabeza de pato.

Nos Castros en Lourido localizáronse diversos restos que nos revelan a existencia dun poboado tardo-romano. Os restos maís destacados son obxectos de bronce, clavos e tachuelas de ferro, anacos de cerámica e pezas líticas como muiños circulares. Obsérvanse restos de muros de vivendas circulares e outros refuxios curiosos que se introducen polas cavidades rochosas a modo de abrigos.

Marzo 2024
L M X J V S D
26 27 28 29 1 2 3
4 5 6 7 8 9 10
11 12 13 14 15 16 17
18 19 20 21 22 23 24
25 26 27 28 29 30 31
 PlanAntifraudeConcello
Plan Forestal
InventarioMunicipal
AnaliticasAugas
MuseoDaCienciaDoVinho
Termas
InformacionTuristica
ORALNuevo
Deputacion2
SedeCatastro
PIC
EidoLocal
PIOM

EmpregoPublico
Farmacias de Guardia
XuventudeNet
RutaVino
Meteo Galicia