Un municipio privilexiado para o desenvolvemento do sector vitivinícola
A comarca do Condado de sempre foi unha terra privilexiada para o cultivo dos mellores viños albariños e condados. A composición das suas terras, a súa orientación cara o sur, e o bo facer das súas xentes, teñen logrado que os condados e albariños desta subzona merezan hoxe a aprobación dos expertos catadores, dentro da Denominación de Orixe Rías Baixas, subzona Condado de Tea.
Os viños da comarca fueron ben coñecidos desde antigo. Sen embargo, desde a constitución do Consello Regulador da Denominación de orixe Rías Baixas, en 1988, o número de adegas, a superficie dedicada ó cultivo e a producción total, creceron de xeito constante e sostido, segundo despréndese dos datos proporcionados polo propio Consello Regulador.
A Denominación de Orixe Rías Baixas comprende as subzonas do Val do Salnés, O Condado, O Rosal, Valmiñor, Soutomaior e Ulla. Todas elas na provincia de Pontevedra.
Na área do Condado de Tea, a uva albariña ocupa a maior parte da superficie cultivada, aínda que existen outras que interveñen na elaboración de algúns viños como son a Loureira branca, Treixadura, Caiño branco, Torrontés e Godello.
En xeral, a estructura de producción do Consello Regulador está dominada polas pequenas adegas, cunha extensión media de superficie dedicada á vide de 0,46 hectáreas, segundo datos do Consello, no 2003. A subzona do Condado do Tea presenta unha superficie media superior, con 0,7 hectáreas.
A subzona do Condado do Tea é a que máis ten crecido en producción total de uva, agás da Ribeira do Ulla, recentemente incorporada ó Consello, cunha progresión que supera un 35% de incremento no total do período 1999-2003.
O mercado actual dos viños da D.O. Rías Baixas é fundamentalmente nacional, cunha porcentaxe crecente de exportacións, pero que supera en pouco o 10% do total das vendas, e que parece estabilizado dende hai algúns anos.
Con toda probabilidade, as posibilidades de exportación atópanse limitadas polo pequeno tamaño das adegas. Se ben é certo que, de momento, o mercado interno parece capaz de absorber a producción, esta situación podería cambiar a medida que a producción continúe crecendo.