Dende a Concellería de Cultura do Concello de Salvaterra de Miño se aposta pola difusión e utilización de recursos culturais de Salvaterra, pasando por Exposicións e Talleres para os escolares dos distintos centros de ensino de Salvaterra, Talleres para nenos/as e maiores, así como obras de teatro para todo o público en xeral, ademais de explotar ao máximo os recursos de Escola de Música, Biblioteca, Aula informática e Centro Cultural ou Casa da Cultura, onde se imparten ao longo do ano diversas actividades, tanto para pequenos coma maiores.
FUNCIÓNS PRINCIPAIS DO DEPARTAMENTO
- Planificar, organizar, dirixir e controlar todas as actividades do Departamento co fin de obter o máximo grao de calidade.
- Fomentar a cidadanía do Concello a integración á Cultura e Deporte.
- Elaborar todos aqueles informes que deriven en funcións do propio departamento.
- Confeccionar plans e programas culturais e de publicacións.
- Promover e dirixir actividades culturais.
- Organizar cursos, seminarios, congresos, talleres relativos a tópicos cultuais.
- Representar ao Concello en eventos que éste conside apropiados para tal fin.
Horario de atención: Luns a Venres de 9:00 a 14:00
Tlf de contacto: 986 658 126 Ext. 234
e-mail: Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.