Casa do Concello
Capital do Viño do Condado do Tea
Benvido a Salvaterra de Miño

 

SalvaterraVilaMilenaria

 

 " Vila Milenaria "

 

Salvaterra de Miño, unha vila milenaria, así é.

Documentada desde finais do S. X, o poblamiento nesta rexión remóntase desde moito antes, grazas á súa localización próxima ás ladeiras do rio Miño. Pero, como ente social definido, é mencionada por primeira vez na alta idade media, da man do monarca Vermudo II, como se verá de segida, e baixo a denominación de Lacedurium. É aquí, pois , onde dá inicio este percorrido por un pasado milenario, condicionado desde as súas orixes pola súa situación fronteiriza, factor crave para comprender os diferentes feitos acaecidos.


Poboación ancestral, Capital Histórica do Condado e lugar de intensas disputas señoriais e territoriais, todo iso dentro dun marco xeográfico de gran riqueza natural. Un municipio situado no suroeste pontevedrés, normalmente recoñecido pola súa tradición vinícola, pero historicamente con moito máis que ofrecer.

 

Capital Histórica do Viño do Condado do Tea

 

O primeiro documento histórico no que se fai mención a Salvaterra é do ano 991, no "privilexio" polo que o rei Bermudo II, entregou á igrexa de Santiago de Compostela, o señorio de Lacedorium, primitivo nome do municipio.

Foi o monarca Fernando II, no século XII, que cansado das numerosas incursións portuguesas, decide fortificar a vila e dotala de murallas. É nese momento cando se produce o cambio de nome, ao converterse en "praza para salvar ao reino", Salvaterra. Dona Urraca foi unha dos seus ilustres residentes e do seu paso queda como testemuño o castelo que leva o seu nome no interior da Fortaleza.

A día de hoxe, o aspecto que amosa a famosa Muralla de Salvaterra, pódese ver na seguinte fotografía.

 

SalvaterraMilenaria

 

 

Octubre 2024
L M X J V S D
30 1 2 3 4 5 6
7 8 9 10 11 12 13
14 15 16 17 18 19 20
21 22 23 24 25 26 27
28 29 30 31 1 2 3
 PlanAntifraudeConcello
Plan Forestal
InventarioMunicipal
AnaliticasAugas
MuseoDaCienciaDoVinho
Termas
InformacionTuristica
ORALNuevo
Deputacion2
SedeCatastro
PIC
EidoLocal
PIOM

EmpregoPublico
Farmacias de Guardia
XuventudeNet
RutaVino
Meteo Galicia