A Plataforma Loxística pode definirse como unha gran superficie de terreo dotada de conexións para o transporte intermodal, de instalacións de almacenaxe, ruptura, concentración e distribución de carga, de centros de actividades terciarias relacionadas co comercio internacional, de oficinas para empresas dos distintos ámbitos da produción que necesiten información e conexión coas redes do comercio mundial, e de calquera outro tipo de instalacións que permitan intercalar procesos que aumenten o valor das mercadorías (tales como envasado, etiquetaxe, control de calidade, etc?).
A Plataforma constituirá un complexo multifuncional disposto sobre un ámbito territorial de 419 Ha, situado estratexicamente nos municipios de Salvaterra e As Neves, a 35 km de Vigo, conectado mediante a autovía A-52 co Porto de Vigo, coa Autoestrada do Atlántico (AP-9) e co Norte de Portugal (A-55), e en contacto co eixo da liña ferroviaria Madrid-Ourense-Vigo-Porto de Vigo. Configúrase como unha área especializada, de concentración de empresas e servizos loxísticos, transporte de mercadorías e intermodalidad, así como de actividades industriais, empresariais e servizos xerais asociados.
Como tal, a plataforma loxística proxectada está especialmente deseñada e concibida para un desempeño óptimo das súas funcións, de forma integrada e sinérgica, con potencialidades de desenvolvemento a curto, medio e longo prazo, tanto para lle prestación conxunta de servizos á totalidade do conxunto do Nodo Loxístico de Vigo e o seu porto, como para potenciar a súa proxección a escala rexional, nacional e internacional.
A Plataforma atópase situada a 35 km de Vigo.
Superficie bruta: 4.196.167 m2
Superficie neta : 2.340.182 m2
Conexións viarias:
Autovía A-52: co centro peninsular
Autoestrada AP-9: co Norte de Galicia
A-55: co Norte de Portugal
Áreas funcionais especializadas:
Centro Intermodal
Área Loxística Intermodal
Área Loxística e de Transformación
Área Loxística Empresarial
Área Multifuncional Industrial
Centro de Servizos
Conexións ferroviarias:
Acceso directo desde a liña ffcc Vigo - Ourense
Conexión directa co Porto de Vigo
As Áreas de Actividade son as seis grandes áreas de actividades para usos mixtos e temáticos, nos que se divide a plataforma. Concibidas como parques nos que se agrupan as actividades de operadores loxísticos e industriais, con dimensións variables, forman os polígonos internos funcionais da Plataforma Loxística.
Internamente as Áreas de Actividade ordénanse nunha malla de mazás e rede viaria de acceso a parcelas e aparcadoiros e distribución de servizos. As mazás admiten, segundo as necesidades funcionais ou a vocación da área, diversas alternativas de ordenación interna e de tipoloxías edificatorias e de instalacións.
Área de actividade | Especialización funcional | Superficie | |
CI | Centro Intermodal | Área de concentración de terminais intermodais (FFCC - carretera). | 367.618m² |
LI | Área Loxística Intermodal | Complementaria ao Centro Intermodal, con terminais dedicadas e instalacións auxiliares. | 224.698m² |
LT | Área Loxística e de Transformación | Área para operadores loxísticos e de transporte, e de centros loxísticos de empresa (con actividade compatible de transformación). |
A:361.099m² B:478.953m² C:142.465m² |
MI | Área Multifuncional Industrial | Área para empresas de transformación, con centros loxísticos propios, e relacións sinérxicas co resto da plataforma. | 897.334m² |
LE | Área Lóxistico Empresarial | Área para empresas cun compoñente significativo de loxística, compatible con actividades de servizos, oficinas e produción. | 596.659m² |
CS | Centro Integrado de Servizos | Complexo de servizos a empresas, persoas, vehículos e equipos. | 62.598m² |