ObrasO CONCELLO DE SALVATERRA DE MIÑO VEN DE APROBAR O PLAN DE PAVIMENTACIÓN DE VIAIS MUNICIPAIS QUE SE PRESENTA A TRAVÉS DO PLAN +PROVINCIA 2025

A Xunta de Goberno Local da luz verde a unha inversión de preto de 650.000 euros a través dun novo Plan de Pavimentación de Viais Municipais que levará a cabo o Concello de Salvaterra de Miño. Plan financiado a través da liña de Inversión do Plan +Provincia 2025. Con este Plan, que se suma a do ano 2024, búscase seguir mellorando a rede municipal de estradas e viais a través dunha inversión plurianual para os anos 2025 e 2026. En xeral extenderase e compactarase unha capa de mistura bituminosa en quente e porase a cota da nova rasante as tapas de Rexistro e rexas existentes en 27 actuacións en viais municipais.