1. Noticias
  2. Axudas e Subvencións
  3. Avisos

SistemaBibliotecaCatro meses despois da inauguración do novo sistema de acceso á Biblioteca Municipal de Salvaterra de Miño xa son máis de 150 as tarxetas entregadas ós usuarios e usuarias que a solicitaron. O sistema de acceso autónomo a través de tarxeta permite facer uso das instalacións nun horario máis amplio para o estudo. A través deste sistema aquelas persoas que precisan estudar ou facer uso do espazo xa o fan accedendo ó espazo coa súa tarxeta. Dende o pasado mes de marzo cando se puña en funcionamento este sistema pioneiro na contorna foron máis de 2000 as entradas rexistradas para facer uso das instalacións. Recordamos que os usuarios e usuarias acceden á Biblioteca Municipal nun horario de luns a xoves de 08:00 a 22:00 horas e de venres a domingo de 08:00 a 00:00 horas. Para aquelas persoas que queiran solicitar a tarxeta de acceso á Biblioteca poderán facelo a través do formulario que atoparán na páxina web ou ben solicitando dito impreso no propio Concello. Unha vez cuberto deberán presentalo por rexistro ou a través da sede electrónica. Posteriormente entregarase a tarxeta a cada usuario ou usuaria.

 Estudantes Biblioteca Municipal

Octubre 2025
L M X J V S D
29 30 1 2 3 4 5
6 7 8 9 10 11 12
13 14 15 16 17 18 19
20 21 22 23 24 25 26
27 28 29 30 31 1 2

 

 PlanAntifraudeConcello

Plan Forestal
InventarioMunicipal
AnaliticasAugas
MuseoDaCienciaDoVinho
Termas
InformacionTuristica
 
Deputacion2
SedeCatastro
EidoLocal
PIOM

EmpregoPublico
Farmacias de Guardia
XuventudeNet
RutaVino
Meteo Galicia