Segundo consta nunha inscrición existente na fachada principal da casa, o promotor da súa edificación foi D. Jácome Sarmiento de Valladares en 1677.
O edificio principal está constituído por dúas alas unidas en escuadra configurando un L. O material construtivo é a cachotería. Destacan a súa fachada principal, aberta a un amplo patio cun pozo no centro e a fachada sur con unha balconada dende a que se observa toda a propiedade.
Os seguintes lugares forman parte da parroquia de Salvaterra: Alto da Fonte , Barreiras, Bouza do Viso, Campo da Feira, O Casal, Chan da Ponte, Codesás, Couto, Dextros, Ermitas, Ferreiros, Fillaboa, fontoura, Forca, Freixendo, Lagares, Lagoa, Lodeiro, Outeiral, Outeiro, Pedreira, Petraños, Picada, Ramallás, Salvaterra, Telleira.