Esta edificación, de dous andares, presentan os muros exteriores e as columnas construídas en pedra granítica e para as bóvedas empregaron ladrillos. A comunicación entre as dúas plantas realízase a través dunha escaleira de caracol dun so eixo, deste xeito evítase o cruce entre as persoas que suban e as que descenden no mesmo intre. No piso inferior existe un pozo.
Segundo conta a tradición popular existe un pasadizo secreto a localidade de Monçao. Testemuña de amores, paixóns e traizóns entre moradores das dúas beiras do río.
A capela da Virxe da Oliveira e os escudos borrados da porta da entrada son recordos en pedra da presenza portuguesa.
No ano 1881 chegou o ferrocarril a Salvaterra, converténdose na estación máis próxima a Ponteareas e ao Balneario de Mondariz.
No Dicionario Madoz, de mediados do século XVIII, recóllense informacións sobre os produtos que entran e saen naquel momento pola aduana de Salvaterra. Saen: augardente, arroz, azucra, porcos vivos, ganados vacúns, sardiñas e outros peixes."Entran: Aceite, aceiro, bacallau, barro ordinario, cal, coiros ferro, figos e pasas, lino, pedras de moer, queixo, trapos de fío e vinagre".
Salvaterra conta con infinidade de lugares onde gozar da natureza, nas beiras do río Miño, construíuse un gran paseo e sobresae o Parque de A Canuda.
A igrexa parroquial de San Lorenzo levantada no século XIII e ampliada no século XVI era orixinariamente a capela do Castelo. Despois da ocupación portuguesa o Cabido compostelá pediu a Domingo de Andrade que levantase un plano de recoñecemento do estado da fábrica.
Todo o edificio está construído en pedra. Ten planta rectangular e remata nunha cabeceira cadrada lixeiramente máis alta ca nave central. A sancristía sitúase pegada ao ábsida meridional. O espazo interior é unha soa nave con tellado a dúas augas. Ten unha bóveda de canón sobre a cabeceira. O seu interior caracterízase pola sobriedade decorativa. Na actualidade non se conserva ningún resto do retablo mandado realizar en 1691. Preside a igrexa unha magnífica talla do Cristo, que os veciños honran cada segundo domingo de xuño.
No barrio do Casal, preto do solar onde no século XVII ergueron o forte de Santiago de Aytona, levántase o impoñentepazo das Barreiras. Está rodeado dunha extensa finca que na actualidade dedícase a explotación vitivinícola.