1. Noticias
  2. Axudas e Subvencións
  3. Avisos

Eleccións xerais

PRAZOS DO VOTO POR CORREO DOS RESIDENTES EN ESPAÑA:

Solicitude do voto por correo ante calquera oficina do servizo de Correos do 6 de outubro ao 19 de novembro
A oficina do censo electoral  remite documentación para votar do 9 ao 22 de novembro
Depósito do voto en correos do 10 ao  25 de novembro

 

  • O voto por correo pódese solicitar ata o día 19 de novembro en calquera oficina de Correos ou de forma telemática na web de Correos, sen necesidade de acudir presencialmente a unha oficina. Para iso terás que autenticar a túa identidade co DNI electrónico ou un certificado dixital válido.
  • A Oficina do Censo Electoral enviarache a documentación necesaria para votar á dirección indicada a partir do 9 de novembro.
  • Unha vez que recibas a documentación, elixe a papeleta de votación e introdúcea no sobre de votación, introduce o sobre de votación e o certificado de inscrición no censo dentro do sobre no que está escrita a dirección da túa mesa electoral.
  • Leva leste sobre a unha oficina de Correos, onde terás que identificarte co DNI ou un documento análogo, e envíao por correo certificado gratuíto ate o 25 de novembro.
  • En caso de non poder acudir persoalmente, o elector poderá autorizar a outra persoa para que o faga no seu lugar. Este representante deberá presentar para iso unha autorización, unha fotocopia do documento oficial acreditativo do elector e o seu propio documento oficial acreditativo. Para facilitar esta xestión, Correos facilita a todos os electores unha autorización modelo.

 

PRAZOS DO VOTO POR CORREO DOS ESPAÑOIS TEMPORALMENTE NO ESTRANXEIRO (VOTO ERTA)

Solicitude do voto por correo ante as oficinas ou seccións consulares das embaixadas do 6 ao 31 de outubro
Envío por correo do voto por parte do elector Dende a recepción da documentación ata o 25 de novembro

Se estás temporalmente ou de vacacións no estranxeiro, permanecerás nesa situación ata o día da votación e desexas exercer o teu dereito de sufraxio tes que:

  • Cumprimentar o impreso de solicitude (pode recollerse en consulados ou embaixadas ou descargarse nas webs do Ministerio do Interior ou o Ministerio de Asuntos Exteriores) e presentar o impreso persoalmente no consulado ou embaixada ata o 31 de outubro , aínda que se recomenda formular a petición canto antes.
  • Para poder formular a solicitude deberás estar rexistrado no rexistro de matrícula consular do país onde te atopes como non residente. A solicitude e a inscrición no rexistro de matrícula consular poden realizarse nun mesmo acto.
  • A oficina do censo electoral remitiralle:
    • Unha folla informativa.
    • Papeletas e sobres de votación.
    • Certificado de inscrición no censo electoral.
    • Un sobre dirixido á mesa electoral que lle corresponda.
    • Impreso para a devolución dos gastos de envío do voto por correo.
  • Debe introducir no sobre dirixido á mesa electoral:
    • Sobres de votación coa súa opción de voto.
    • Certificado de inscrición no censo.
    • Se así o desexa, o impreso cumprimentado para a devolución dos gastos de envío.
  • O voto debe remitirse por correo certificado non máis tarde do día 25 de novembro.
Octubre 2026
L M X J V S D
28 29 30 1 2 3 4
5 6 7 8 9 10 11
12 13 14 15 16 17 18
19 20 21 22 23 24 25
26 27 28 29 30 31 1

 

 PlanAntifraudeConcello

Plan Forestal
InventarioMunicipal
AnaliticasAugas
MuseoDaCienciaDoVinho
Termas
InformacionTuristica
 
Deputacion2
SedeCatastro
EidoLocal
PIOM

EmpregoPublico
Farmacias de Guardia
XuventudeNet
RutaVino
Meteo Galicia