- Noticias
- Axudas e Subvencións
- Avisos
-
20 Enero 2025 5313 Visita(s)
RECTIFICACIÓN INVENTARIO CONCELLO DE SALVATERRA
INVENTARIO ACTUALIAZADO -
17 Septiembre 2026 51 Visita(s)
Doazón de Sangue
-
15 Septiembre 2026 76 Visita(s)
SALVATERRA DE MIÑO RECIBE MÁIS DE 1.000 EUROS DA XUNTA PARA INCORPORAR NOVIDADES EDITORIAIS EN GALEGO Á BIBLIOTECA MUNICIPAL
O Concello de Salvaterra de Miño foi beneficiario das axudas convocadas pola Xunta de Galicia destinadas ás entidades lo... -
15 Septiembre 2026 68 Visita(s)
OS CONCELLOS DE SALVATERRA DE MIÑO, ARBO E CRECENTE ASINAN UNHA NOVA ADDENDA AO CONVENIO DO SERVIZO DE ATENCIÓN TEMPERÁ
A Consellería de Política Social e Igualdade ven de convocar á Orde pola que se establecen as bases reguladoras para a c... -
14 Septiembre 2026 74 Visita(s)
COMPRA DUN TRACTOR ROZADOIRA
O CONCELLO DE SALVATERRA INICIA OS TRÁMITES PARA A COMPRA DUN TRACTOR ROZADOIRA E MAQUINARIA VARIA PARA SEGUIR AVANZANDO... -
07 Septiembre 2026 134 Visita(s)
O CONCELLO DE SALVATERRA DE MIÑO INSTALARÁ UN SISTEMA DE CLIMATIZACIÓN NA BIBLIOTECA MUNICIPAL
O Concello de Salvaterra de Miño ven de conseguir unha subvención da Administración Local, destinada á mellora das infra... -
03 Septiembre 2026 174 Visita(s)
SALVATERRA DE MIÑO ACOLLERÁ POR PRIMEIRA VEZ O SALVATERRA URBAN FEST, UN GRAN ENCONTRO INTERNACIONAL DE CULTURA URBANA
O parque de A Canuda será o escenario dunha xornada dedicada ao break dance e ao graffiti, con participantes e artistas... -
02 Septiembre 2026 182 Visita(s)
Novo Programa Cultural
SALVATERRA DE MIÑO LEVA A CULTURA ÁS PARROQUIAS CUNHA NOVA PROGRAMACIÓN PARA SENSIBILIZAR E PROTEXER A TRAVÉS DAS ARTES... -
31 Agosto 2026 211 Visita(s)
SALVATERRA DE MIÑO IMPULSA O EMPREGO XUVENIL COA CONTRATACIÓN DUNHA AUXILIAR ADMINISTRATIVA DURANTE NOVE MESES
O Concello de Salvaterra de Miño, ven de recibir unha subvención da Consellería de Emprego, para a contratación dunha pe... -
27 Agosto 2026 243 Visita(s)
SALVATERRA DE MIÑO INAUGURA O RENOVADO PARQUE INFANTIL JUAN LUÍS VILLALÓN RÍOS
O Concello de Salvaterra de Miño inaugurou hoxe o renovado parque infantil situado ao carón da Casa de Cultura, que pasa... -
25 Agosto 2026 241 Visita(s)
AVISO MOSQUITO TIGRE
Despois destas chuvias e a acumulación de auga que se pode levar a cabo en recipientes pequenos lembra as recomendacións... -
24 Agosto 2026 341 Visita(s)
A FESTA DO VIÑO DO CONDADO DO TEA CHEGA A SÚA LXVII EDICIÓN
A celebración, declarada de Interese Turístico de Galicia, terá lugar os días 28, 29 e 30 de agosto no recinto amurallad... -
29 Julio 2026 817 Visita(s)
O CONCELLO DE SALVATERRA DE MIÑO INFORMA DO INICIO DOS TRABALLOS DE EXHUMACIÓN NO CEMITERIO DE CHAN DA PONTE
O Concello de Salvaterra de Miño informa que xa se iniciaron os traballos de escavación e exhumación no cemiterio munici... -
23 Julio 2026 692 Visita(s)
Convocatoria Prensa - Exhumación Salvaterra de Miño
-
15 Julio 2026 464 Visita(s)
PRIMEIRAS SEMANAS DE FORMACIÓN NO OBRADOIRO DE EMPREGO SALVATERRA EMPREGA V
Nestas primeiras semanas os alumn@s – traballadores do Obradoiro de Emprego SALVATERRA EMPREGA V formáronse en Prevenció... -
02 Julio 2026 472 Visita(s)
XXI PREMIOS EDUCACIÓN. CURSO 2025/2026
CONVOCATORIA PRENSA Entrega dos “XXI PREMIOS EDUCACIÓN. CURSO 2025/2026" Día: Martes 7 de xullo de 2026 Hora: 12:00 Luga... -
25 Junio 2026 735 Visita(s)
O CONCELLO DE SALVATERRA DE MIÑO RECIBE UNHA AXUDA DA XUNTA DE GALICIA PARA IMPULSAR ACTIVIDADES DE DINAMIZACIÓN DA LECTURA NAS PARROQUIAS
O Concello de Salvaterra de Miño ven de recibir unha subvención da Xunta de Galicia por importe de 836,90 euros destinad... -
25 Junio 2026 636 Visita(s)
O CONCELLO DE SALVATERRA DE MIÑO ASINA UN CONVENIO DE COLABORACIÓN COA EMPRESA MASCATO PARA A DOAZÓN DE EXCEDENTES ALIMENTARIOS
O Concello de Salvaterra de Miño quere agradecer publicamente á empresa Mascato a súa colaboración e compromiso coa veci... -
25 Junio 2026 521 Visita(s)
MELLORA DE VIAIS EN FORNELOS E ALXÉN
O CONCELLO DE SALVATERRA DE MIÑO MELLORARÁ OS VIAIS FILLABOA–GRIXÓ E FRAGUÍÑAS–IGREXA CUN INVESTIMENTO PRÓXIMO AOS 80.00... -
19 Junio 2026 768 Visita(s)
SUBVENCIÓN PARA A MELLORA DA DIXITALIZACIÓN DA AUGA
O CONCELLO DE SALVATERRA DE MIÑO TRAMITA DÚAS SUBVENCIÓNS POR IMPORTE DE MÁIS DE 100.000€ PARA SEGUIR MELLORANDO NA DIXI... -
11 Junio 2026 681 Visita(s)
SALVATERRA CONVOCA UN ANO MÁIS AS AXUDAS PARA LIBROS E MATERIAL ESCOLAR DE EDUCACIÓN INFANTIL
Un ano máis o Concello de Salvaterra de Miño ven de convocar as axudas para a adquisición de libros e material escolar d... -
10 Junio 2026 726 Visita(s)
EXHUMACIÓN DUNHA FOSA COMÚN
BREOGAN ARQUEOLOXÍA SERÁ A EMPRESA ENCARGADA DE REALIZAR A ESCAVACIÓN ARQUEOLÓXICA NO CEMITERIO DE SALVATERRA DE MIÑO PA... -
-
02 Junio 2026 712 Visita(s)
PLAN VIA DEPO DE MELLORA VIARIA
O CONCELLO DE SALVATERRA DE MIÑO TRAMITA A TRAVÉS DO PLAN EXTRAORDINARIO VIA DEPO UN NOVO PROXECTO DE CONSERVACIÓN E REH... -
27 Mayo 2026 779 Visita(s)
SALVATERRA INICIA O PROGRAMA DE REFORZO SOCIOEDUCATIVO PARA MENORES
Despois da concesión por parte da Xunta de Galicia dunha subvención por un importe de máis de 73.000 euros para levar a... -
18 Mayo 2026 882 Visita(s)
ZONAS PRIORITARIAS NO PLADIGA
A celebración, declarada de Interese Turístico de Galicia, terá lugar os días 28, 29 e 30 de agosto no recinto amurallado de Salvaterra de Miño
Achégase unha nova edición da Festa do Viño do Condado do Tea, que este ano celebrará a súa LXVII edición os días 28, 29 e 30 de agosto no recinto amurallado de Salvaterra de Miño. A segunda festa do viño máis antiga de Galicia, declarada de Interese Turístico de Galicia, volverá reunir durante tres xornadas a veciñanza e milleiros de visitantes arredor dos viños do Condado do Tea, a gastronomía, a música, a cultura e a tradición.
A LXVII edición continuará apostando pola ampliación do espazo a todo o recinto amurallado, unha das principais novidades da pasada edición debido á gran afluencia de público. O recinto ampliábase a toda a Muralla, contando tamén con espazo de mesas na Praza do Castelo e un segundo escenario, unha fórmula que resultou un éxito en 2024 e que permitiu acoller con maior comodidade o gran número de asistentes.
A festa continúa medrando tamén no número de adegas participantes, cun total de 29 adegas e máis de 100 referencias de viños, unha cifra récord para o evento. A oferta completarase con postos de comidas que darán servizo aos espazos de mesas habilitados en ambos os puntos do recinto, permitindo gozar dos viños do Condado do Tea acompañados de produtos da terra e do mar.
Música e actividades para todos os públicos
Como en cada edición, a música será unha das grandes protagonistas da Festa. As noites gastronómicas contarán este ano coas actuacións de Breo, Tiruleque, La Patrulla e Poi Floid o venres; Judit Mateo, Sheila Patricia, D’Crooners e Los Jinetes del Trópico o sábado; e As Miñeiras, Ni Fu Ni Fuck, A Banda do Sequío e Son das Tabernas o domingo. A programación comezará o venres 28 de agosto ás 19:30 horas cunha actividade especialmente pensada para o público infantil e familiar: o espectáculo “Museo Encantado”, da compañía Dani García, cunha duración aproximada de tres horas. Ás 20:00 horas terá lugar a inauguración oficial da LXVII Festa do Viño do Condado do Tea no recinto amurallado, coa actuación da Banda de Gaitas Pontenova e da charanga “Nosokoas” polo recinto.
Ás 22:00 horas comezarán os concertos de Breo, Tiruleque, La Patrulla e Poi Floid, dando paso ás noites gastronómicas cos nosos viños e cos produtos da terra e do mar.
O sábado 29 de agosto a actividade comezará ás 10:00 horas coa Cata Oficial á procura dos deliciosos viños da denominación de orixe Rías Baixas. A partir das 12:00 horas abrirán os postos de comida, viño e produtos gastronómicos. Durante a tarde haberá actuacións da charanga “Nosokoas”, a batucada de Lenha Verde e, ás 19:30 horas, unha nova sesión do espectáculo familiar “Museo Encantado”.
A partir das 22:00 horas será a quenda dos concertos de Judit Mateo, Sheila Patricia, D’Crooners e Los Jinetes del Trópico, nunha nova noite gastronómica no recinto amurallado.
O domingo 30 de agosto estará especialmente dedicado á tradición e ao folclore. Ás 10:30 horas terá lugar o desfile de bandas de gaitas e grupos folclóricos e, ás 11:00 horas, a recepción das confrarías e autoridades na Praza do Concello, para posteriormente dirixirse ao recinto amurallado.
Ás 11:15 horas, no Salón de Plenos do Concello, celebrarase o acto de nomeamento dos novos confrades da Cofradía do Viño do Condado do Tea e Espumosos, así como a declaración dos “viños deliciosos do ano”.
Ás 13:00 horas, xa no recinto amurallado, terá lugar a lectura do pregón, que nesta edición correrá a cargo de Rafa Durán, presentador, cómico e animador. A programación do domingo completarase coas actuacións das charangas “Nosokoas” e “Xuntanza”, Lenha Verde e, ás 19:00 horas, os concertos de As Miñeiras, Ni Fu Ni Fuck, A Banda do Sequío e Son das Tabernas.
Catas comentadas e Túnel do Viño
A actividade da Festa do Viño do Condado do Tea comezará xa durante a semana previa coa celebración das tradicionais catas comentadas, nas que as diferentes adegas participantes ofrecerán degustacións dos seus viños de maneira gratuíta.
As catas terán lugar entre o luns 24 e o venres 28 de agosto, no recinto amurallado, e estarán dirixidas polas propias adegas participantes. As prazas serán limitadas e será necesaria inscrición previa. Ademais, o Túnel do Viño volverá abrir as súas portas os días venres 28 e sábado 29 de agosto, no Museo da Ciencia do Viño, en horario de mañá, de 11:00 a 14:00 horas, e de tarde, de 18:00 a 21:00 horas.
Por un prezo de 15 euros por persoa, o público poderá degustar unha ampla selección dos viños da subzona do Condado do Tea, nunha actividade que permite coñecer a diversidade e riqueza da produción vitivinícola da zona.
As inscricións tanto para as catas comentadas como para o Túnel do Viño deberán realizarse a través do teléfono 617 148 866 ou do correo electrónico Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo..
Con esta programación, Salvaterra de Miño prepárase para vivir unha nova edición dunha celebración xa consolidada como unha das citas imprescindibles do verán galego, que combina a promoción dos viños do Condado do Tea coa gastronomía, a música, a cultura, o patrimonio e actividades para todas as idades.































