1. Noticias
  2. Axudas e Subvencións
  3. Avisos

Os tres establecementos gañadores recibiron os seus diplomas e unha cesta de produtos galegos de AGACAL polo seu participación na iniciativa gastronómica

Esta semana a alcaldesa de Salvaterra de Miño, Marta Valcárcel, a concelleira, Lorena Soto, e o director de AGACAL (Axencia Galega de Calidade Alimentaria) da Xunta de Galicia, Martín Alemparte; fixeron entrega de premios e diplomas aos establecementos gañadores da III Ruta Pinchoterra, unha iniciativa que puxo en valor a creatividade e a calidade da hostalería local.

O primeiro premio ao mellor pincho foi para Casa Mariano en Fiolledo pola súa proposta “Tortilla mar e terra”. O segundo premio correspondeu a Templum Sensibus, de Salvaterra de Miño, polo pincho “Pastramiño”, mentres que o terceiro posto foi para La Ojiva Gastronómica, de Leirado, coa elaboración “Mamma Mia”.

Os tres establecementos premiados recibiron o seu diploma acreditativo e unha cesta de produtos galegos achegada por AGACAL, como recoñecemento ao seu traballo e á participación nesta iniciativa gastronómica. Ademais, o establecemento gañador da ruta, Casa Mariano, recibiu como premio especial unha experiencia dunha noite con almorzo e spa para dúas persoas.

Desde o Concello de Salvaterra de Miño agradecemos a implicación da hostalería e da veciñanza nesta terceira edición de Pinchoterra, unha proposta que continúa medrando e consolidándose como unha referencia gastronómica na contorna.

19 06 26 Casa Mariano19 06 26 Templum Sensibus19 06 26 La Ojiva

Agosto 2026
L M X J V S D
27 28 29 30 31 1 2
3 4 5 6 7 8 9
10 11 12 13 14 15 16
17 18 19 20 21 22 23
24 25 26 27 28 29 30
31 1 2 3 4 5 6

 

 PlanAntifraudeConcello

Plan Forestal
InventarioMunicipal
AnaliticasAugas
MuseoDaCienciaDoVinho
Termas
InformacionTuristica
 
Deputacion2
SedeCatastro
EidoLocal
PIOM

EmpregoPublico
Farmacias de Guardia
XuventudeNet
RutaVino
Meteo Galicia