1. Noticias
  2. Axudas e Subvencións
  3. Avisos

O vindeiro curso 2025/26 o centro contará cun novo Ciclo de Formación Profesional Básica da familia profesional de téxtil, c onfección e pel. Arranxos e reparación de artigos téxtiles e de pel é o novo ciclo a implantar no vindeiro curso logo da solicitude realizada pola dirección do centro en base á necesidade de ampliar a oferta educativa para o alumnado que non remata a ESO e quere continuar a súa formación obtendo un título que lles permita acceder ao emprego ou a estudos posteriores de grao medio. Ata este curso a maioría deste alumnado víase obrigado a desprazarse a outros concellos ao cubrirse todas as prazas do Ciclo de carpintaría e moble co que conta o centro educativo. O IES Salvaterra de Miño convértese así no primeiro instituto público da provincia de Pontevedra en ofrecer esta formación e o terceiro de toda Galicia. O gran aumento de poboación que está a experimentar o Concello de Salvaterra pide un aumento da oferta educativa que agora se materializa coa ampliación da oferta educativa. O novo ciclo permitirá ós alumnos e alumnas realizar operacións de arranxo, adaptación e mantemento de pezas de vestir, roupa de fogar e complementos de decoración e de pel, ademais da reparación de calzado e marroquinaría, así como a realización de actividades complementarias de gornicionaría e, de ser o caso, de duplicación de chaves, en comercios de proximidade ou en instalacións industriais, conseguindo produtos en condicións estética e acabados, operando coa calidade indicada requirida, cumprindo as normas de prevención de riscos laborais e protección ambiental correspondentes.

14 07 25 Foto IES Gus Abreu

Octubre 2025
L M X J V S D
29 30 1 2 3 4 5
6 7 8 9 10 11 12
13 14 15 16 17 18 19
20 21 22 23 24 25 26
27 28 29 30 31 1 2

 

 PlanAntifraudeConcello

Plan Forestal
InventarioMunicipal
AnaliticasAugas
MuseoDaCienciaDoVinho
Termas
InformacionTuristica
 
Deputacion2
SedeCatastro
EidoLocal
PIOM

EmpregoPublico
Farmacias de Guardia
XuventudeNet
RutaVino
Meteo Galicia