1. Noticias
  2. Axudas e Subvencións
  3. Avisos

A Consellería de Economía e Industria ven de comunicar ó Concello de Salvaterra de Miño a concesión dunha subvención de preto de 120.000 euros, dun proxecto de case 150.000 euros, a través das axudas encamiñadas á habilitación e mellora de infraestruturas dos parques empresariais da Comunidade Autónoma de Galicia co fin de mellorar o acceso ó Polígono Industrial Chan da Ponte. Chan da Ponte ten unha superficie de 275.000 m² e unha superficie neta industrial de 156.111 m², e conta cunha opupación do 83% cun total de 40 empresas desenvolvendo a súa actividade. Este Polígono entrou en funcionamento no ano 1999 e na actualidade presenta unha serie de deficiencias no seu acceso que precisan unha solución, debido en gran medida ó intenso tráfico de vehículos que acelera notablemente o deterioro superficial dos firmes e que ó mesmo tempo demanda melloras ou correccións para aumentar a seguridade, sobre todo dos peóns, xa que carece de beirarrúas. As actuacións a realizar consisten na mellora do firme no acceso ó Polígono e de dous viais internos, ademais da construción de dous tramos de beirarrúa de formigón en cor e a colocación de bolardos, co fin de mellorar a seguridade dos peóns, especiamente nenos e nenas que se desprazan andando ó IES Salvaterra de Miño. Ademais tamén se executarán melloras en canto ó drenaxe de augas pluviais.

13 06 25 Acceso IES Salvaterra

Octubre 2025
L M X J V S D
29 30 1 2 3 4 5
6 7 8 9 10 11 12
13 14 15 16 17 18 19
20 21 22 23 24 25 26
27 28 29 30 31 1 2

 

 PlanAntifraudeConcello

Plan Forestal
InventarioMunicipal
AnaliticasAugas
MuseoDaCienciaDoVinho
Termas
InformacionTuristica
 
Deputacion2
SedeCatastro
EidoLocal
PIOM

EmpregoPublico
Farmacias de Guardia
XuventudeNet
RutaVino
Meteo Galicia