1. Noticias
  2. Axudas e Subvencións
  3. Avisos

Convenio Termas Carné Xove 2O Espazo Termal de Teáns-Oleiros, o primeiro espazo lúdico termal de Galicia, anuncia a súa adhesión ó programa Carné Xove da Xunta de Galicia, unha iniciativa que busca promover o benestar e a saúde entre a xuventude galega. A partir de agora, os mozos e mozas de entre 12 e 30 anos poderán acceder ás instalacións por só 2 euros. A Directora Xeral de Xuventude, Lara Meneses, e a Alcaldesa de Salvaterra de Miño, Marta Valcárcel, asinaron así un convenio que permite incluir ó espazo termal dentros lugares con desconto para a mocidade. O Carné Xove é unha tarxeta persoal para a mocidade galega expedida pola Xunta de Galicia a través da Dirección Xeral de Xuventude da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude. Con este documento, as persoas usuarias poden acceder a unha chea de descontos e vantaxes en múltiples entidades e establecementos en Galicia, no resto das comunidades autónomas e nos preto de 40 países europeos adheridos ao programa Carné Xove Europeo. Esta colaboración representa un paso importante na aposta pola mocidade, fomentando o seu acceso a recursos de ocio saudables e de calidade. O Espazo Termal de TeánsOleiros ofrece un entorno único onde os visitantes poden desfrutar das propiedades terapéuticas das augas termais, coñecidas polos seus beneficios para a saúde, como a mellora da circulación, o alivio de dores musculares e a promoción do benestar xeral. A iniciativa busca atraer a máis xente nova ó espazo, promovendo un estilo de vida saudable e consciente do coidado do corpo e a mente. Ademais, reforza o compromiso do Espazo Termal de Teáns-Oleiros coa promoción da saúde pública e o turismo de benestar en Galicia. Para máis información sobre o espazo, poden consultar a páxina web de turismo do Concello de Salvaterra de Miño.

 

Convenio Termas Carné Xove 1Convenio Termas Carné Xove 3

 

Octubre 2025
L M X J V S D
29 30 1 2 3 4 5
6 7 8 9 10 11 12
13 14 15 16 17 18 19
20 21 22 23 24 25 26
27 28 29 30 31 1 2

 

 PlanAntifraudeConcello

Plan Forestal
InventarioMunicipal
AnaliticasAugas
MuseoDaCienciaDoVinho
Termas
InformacionTuristica
 
Deputacion2
SedeCatastro
EidoLocal
PIOM

EmpregoPublico
Farmacias de Guardia
XuventudeNet
RutaVino
Meteo Galicia