- Noticias
- Axudas e Subvencións
- Avisos
-
20 Enero 2025 3585 Visita(s)
RECTIFICACIÓN INVENTARIO CONCELLO DE SALVATERRA
INVENTARIO ACTUALIAZADO -
03 Marzo 2026 51 Visita(s)
SALVATERRA DE MIÑO ORGANIZA NOVOS CURSOS PARA MAIORES DE 65 ANOS
As actividades ofertadas son pintura, memoria e ximnasia que darán comezo este mes. O Concello de Salvaterra de Miño des... -
03 Marzo 2026 47 Visita(s)
O CONCELLO DE SALVATERRA DE MIÑO AVANZA NA EXHUMACIÓN DA FOSA DO CEMITERIO MUNICIPAL
O Concello de Salvaterra de Miño vén de manter unha primeira reunión de traballo para dar comezo ao proceso de adxudicac... -
02 Marzo 2026 121 Visita(s)
SALVATERRA DE MIÑO CONTRATARÁ 16 PERSOAS AO ABEIRO DO PLAN +PROVINCIA DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL
O Concello de Salvaterra de Miño ven de solicitar, a través da liña 3 de emprego do Plan +Provincia 2026, da Deputación... -
27 Febrero 2026 230 Visita(s)
CONTRATACIÓN TEMPORAL DUN EDUCADOR/A SOCIAL
O CONCELLO DE SALVATERRA DE MIÑO VEN DE APROBAR AS BASES ESPECÍFICAS PARA A CONFECCIÓN DE LISTAS DE CONTRATACIÓN TEMPORA... -
27 Febrero 2026 117 Visita(s)
INÍCIANSE AS OBRAS DE HUMANIZACIÓN DO ENTORNO DA CAPELA DE SAN ROQUE EN CABREIRA
Trátase dunha obra de máis de 553.000 euros financiada a través do Plan Extra e do Plan +Provincia da Deputación Provinc... -
25 Febrero 2026 123 Visita(s)
SALVATERRA PRESENTA O CAMPUS DE CONCILIACIÓN DE SEMANA SANTA
A inscrición, por orde de entrada no rexistro, comeza o día 3 e remata o 9 de marzo. Coa chegada da Semana Santa nos cen... -
24 Febrero 2026 111 Visita(s)
CONTA ATRÁS EN SALVATERRA DE MIÑO PARA A TERCEIRA RUTA PINCHOTERRA
O Concello de Salvaterra de Miño reuniuse este luns cos locais de hostalaría do municipio para organizar a que será a II... -
24 Febrero 2026 117 Visita(s)
Programa de Balnearios
-
23 Febrero 2026 113 Visita(s)
O CONCELLO DE SALVATERRA REPARTE TRAMPAS CONTRA A VESPA VELUTINA
Un ano máis e como ven sendo habitual nesta época do ano, o Concello de Salvaterra de Miño lanza unha campaña de concien... -
20 Febrero 2026 133 Visita(s)
O CIM MÓBIL VISITA SALVATERRA DE MIÑO PARA ACHEGAR ATENCIÓN ESPECIALIZADA ÁS MULLERES
O Concello de Salvaterra de Miño recibiu hoxe a visita do Centro de Información á Muller Móbil (CIM Móbil), un servizo i... -
18 Febrero 2026 193 Visita(s)
Doazón de Sangue
-
17 Febrero 2026 164 Visita(s)
EXHUMACIÓN DA FOSA DE SALVATERRA
A FEDERACIÓN ESPAÑOLA DE MUNICIPIOS E PROVINCIAS VEN DE COMUNICAR AO CONCELLO DE SALVATERRA DE MIÑO A CONCESIÓN DUNHA AX... -
11 Febrero 2026 326 Visita(s)
ACTIVIDADES INFANTÍS E O ENTERRO DA LAMPREA CENTRAN O ENTROIDO EN SALVATERRA DE MIÑO
O Enterro da Lamprea celébrase o 21 de febreiro a partir das 16:30 horas con saída dende a Rúa Rosalía de Castro. O Conc... -
06 Febrero 2026 248 Visita(s)
PECHE DAS TERMAS TEMPORALMENTE
AS TERMAS PERMANECERÁN PECHADAS ATA NOVO AVISO POR TEMPORAL. DISCULPEN AS MOLESTIAS. -
03 Febrero 2026 330 Visita(s)
SALVATERRA DE MIÑO ACOLLE A EXPOSICIÓN “FAUNA ESENCIAL” DE AFUNDACIÓN
O Concello de Salvaterra de Miño acollerá a partir do mércores 4 de febreiro a exposición fotográfica "Fauna esencial",... -
02 Febrero 2026 241 Visita(s)
DOUS GALARDÓNS PARA O CEIP DE LEIRADO
O CEIP PLURILINGÜE DE LEIRADO, RECOÑECIDO POR DOUS GALARDÓNS AUTONÓMICOS POLO SEU COMPROMISO COA INNOVACIÓN EDUCATIVA E... -
21 Enero 2026 352 Visita(s)
REMATADA A PAVIMENTACIÓN EN ALDEA E COTODOURO
REMATADA A PAVIMENTACIÓN EN ALDEA E COTODOURO NA PARROQUIA DE ALXÉN, OBRAS ENMARCADAS DENTRO DO PLAN CAMIÑA RURAL 2025-... -
19 Enero 2026 458 Visita(s)
ARRANCA O 6º CICLO DE CINE DE INVERNO EN SALVATERRA DE MIÑO
Dende a Concellería de Cultura preséntase a 6ª edición do Ciclo Cine de Inverno que se celebrará durante o vindeiro mes... -
16 Enero 2026 601 Visita(s)
ÁBRESE O PRAZO DE INSCRICIÓN PARA PARTICIPAR NO ENTERRO DA LAMPREA 2026
O Concello de Salvaterra de Miño anuncia que dende este luns 19 de xaneiro e ata o 2 de febreiro todos aqueles que queir... -
16 Enero 2026 339 Visita(s)
1ª REUNIÓN COA EMPRESA DE XESTIÓN DE AUGAS
O CONCELLO DE SALVATERRA DE MIÑO MANTÉN A PRIMEIRA REUNIÓN DE TRABALLO COA EMPRESA ADXUDICATARIA DO SERVIZO DE APOIO Á D... -
13 Enero 2026 515 Visita(s)
A ASOCIACIÓN QUINTA DO PIÑEIRO ORGANIZA O DÍA 25 DE XANEIRO UN GRAN COCIDO NA CASA CULTURAL DE CORZÁNS
Un ano mais a Asociación cultural quinta do Piñeiro organiza o seu tradicional cocido que terá lugar o día 25 de xaneiro... -
18 Diciembre 2025 537 Visita(s)
O PASADO MARTES INICIÁBANSE OS TRABALLOS DE PINTADO DUN MURAL NO MURO DE ENTRADA DO IES SALVATERRA
Esta idea nace do equipo directivo co fin de mellorar a estética do centro, un proxecto no que colabora o Concello de Sa... -
16 Diciembre 2025 563 Visita(s)
O CONCELLO DE SALVATERRA DE MIÑO RENOVARÁ AS INSTALACIÓNS DO PAVILLÓN CÁNDIDO CARRERA
O Concello de Salvaterra de Miño ven de solicitar a través do III Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas da D... -
12 Diciembre 2025 511 Visita(s)
INICIANSE AS OBRAS NO PARQUE DA CASA DE CULTURA DE SALVATERRA DE MIÑO
O Concello de Salvaterra de Miño inicia as obras de reforma integral do Parque Público da Casa de Cultura de Salvaterra,... -
09 Diciembre 2025 610 Visita(s)
EN LICITACIÓN POR MÁIS DE 353.000 EUROS O NOVO PLAN DE PAVIMENTACIÓN DE VIAIS MUNICIPAIS NO CONCELLO DE SALVATERRA DE MIÑO
O Concello de Salvaterra de Miño ven de publicar na Plataforma de Contratación do Estado unha nova licitación para a pav... -
02 Diciembre 2025 773 Visita(s)
“TOLERANCIA CERO, AMOR CEN” FOI O LEMA GAÑADOR DO XV CONCURSO DE SLOGANS CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
A iniciativa organizada polo Concello de Salvaterra en colaboración co IES Salvaterra de Miño contou coa participación d... -
01 Diciembre 2025 782 Visita(s)
EN EXECUCIÓN AS OBRAS ENMARCADAS DENTRO DO PLAN CAMIÑA RURAL 2025-2026
O Concello de Salvaterra de Miño inicia as obras enmarcadas dentro da anualidade 2025 do Plan Camiña Rural para a mellor... -
14 Noviembre 2025 796 Visita(s)
PROGRAMA DUS 5000
Programa de ayudas para inversiones a proyectos singulares locales de energía limpia en municipios de reto demográfico (... -
-
16 Mayo 2025 1285 Visita(s)
O CONCELLO DE SALVATERRA PRESENTA O CAMPUS DE CONCILIACIÓN DE VERÁN
Actividade dirixida ós nenos e nenas nados entre o 2013 e o 2021 que se realizará no CEIP Plurilingüe Infante Felipe de... -
14 Mayo 2025 1500 Visita(s)
SALVATERRA DE MIÑO LICITA MÁIS DE 400.000 EUROS EN OBRAS PARA MELLORAR OS ESPAZOS PARA A INFANCIA
O Concello de Salvaterra de Miño acaba de publicar na plataforma de Contratación do Estado a licitación de dúas obras es... -
13 Noviembre 2024 921 Visita(s)
CONTINÚAN OS TRABALLOS DE SUBSTITUCIÓN DO ALUMEADO PÚBLICO A LED NAS NOSAS PARROQUIAS
Nestas semanas cambiáronse en Soutolobre 98 luminarias de viais e 1 proxector; 249 luminarias de viais, 9 proxectores e... -
09 Octubre 2024 1387 Visita(s)
SEGUIMOS AVANZANDO NO CAMBIO A LED NAS NOSAS PARROQUIAS, CON MÁIS DE 705 PUNTOS DE LUZ CAMBIADOS
Estes días rematouse o cambio a led na parroquia de Lira, conde se cambiaron 205 luminarias de viais, 2 farolas ornament... -
22 Agosto 2023 2223 Visita(s)
CONCEDIDOS MÁIS DE DOUS MILLÓNS DE EUROS PARA O CAMBIO A LED NAS PARROQUIAS DE SALVATERRA DE MÑO
Con este proxecto actuarase nas 5.000 luminarias existentes e renovaranse 75 cadros de mando. O Ministerio para a Transi...
O GDR Terra e Auga e o Concello de Salvaterra de Miño firman un convenio de colaboración para reconverter a Casa do Conde nun espazo enogastronómico
Esta actividade forma parte do PSTD Condado Paradanta Destino Enogastronómico
O Grupo de Desenvolvemento Rural (GDR) Terra e Auga e o Concello de Salvaterra de Miño firmaron un convenio de colaboración para transformar a Casa do Viño (do Museo da Ciencia e do Viño do Condado do Tea) nun espazo enogastronómico.
Este museo de Salvaterra é un dos maiores espazos de divulgación da viticultura e enoloxía de España e conta cun marco expositivo incomparable: o Castelo de Doña Urraca, cuxo trazado moderno pertence ao século XVII e que, xunto á Fortaleza, está declarado Ben de Interese Cultural dende o ano 1949.
A actuación consistirá na reconversión da Casa do Viño nun espazo enogastronómico onde os visitantes poidan coñecer e desfrutar dos produtos vinícolas e gastronómicos locais, enriquecendo así a oferta do museo.
Para iso, levarase a cabo a renovación das carpinterías exteriores, que actualmente atópanse en moi mal estado de conservación, así como outras actuacións para mellorar a eficiencia enerxética do edificio e habilitalo para a celebración de eventos vinculados á enogastronomía. Entre as diferentes actividades incluiríanse a realización de catas de viño, degustacións de produtos gastronómicos locais e outros eventos promocionais. A xestión deste espazo estará a cargo do Concello de Salvaterra de Miño.
Con esta actuación búscase incrementar o número de visitantes ao Museo da Ciencia e do Viño, promocionar os produtos locais, favorecer que o visitante prolongue a súa estancia en Condado Paradanta, desestacionalizar o destino, xerar emprego e novos equipamentos e infraestruturas turísticas.
A alcaldesa de Salvaterra de Miño, Marta Valcárcel, destacou que “para o noso Concello, esta acción é unha gran oportunidade, non só polas obras que mellorarán estas instalacións, se non porque supón dar un paso máis na promoción do noso lugar e dos produtos locais. Pretendemos que a Casa do Conde sexa un referente a nivel enogastronómico, que sexa un punto de encontro no que os visitantes desfruten de experiencias a través de eventos e actividades. Buscamos ir máis alá e que non só proben os nosos produtos, se non que tamén teñan a oportunidade de obter información de todos eles e descubrir por que son únicos. Queremos que a Casa do Conde sexa un espazo vivo e dinamizador de Salvaterra de Miño”.
Pola súa parte, o presidente do GDR Terra e Auga, Pablo Castillo, detallou que “coa sinatura deste convenio de colaboración co Concello de Salvaterra, grazas ao traballo realizado desde o GDR na obtención do fondos para contribuir a pór en valor o noso territorio como destino turístico, comezamos a parte visible da execución do Plan de Sostenibilidade Turístico en Destino “Condado Paradanta Destino Enogastrónomio”.
Nesta actuación investiranse un total de 102.000€ e a contratación das obras realizarase nas próximas semanas. Ademais, forma parte do Plan de Sustentabilidade Turística no Destino Condado Paradanta Destino Enogastronómico proposto pola Asociación de Desenvolvemento Rural Condado Paradanta – Terra e Auga, concretamente no ‘Eixo 4: Competitividade’, que ten como obxectivo global conseguir que o Xeodestino Terras do Condado A Paradanta sexa un destino de referencia para o noroeste peninsular, mantendo a filosofía do turismo sostible e configurando o turismo como elemento chave no desenvolvemento da economía local.





























