1. Noticias
  2. Axudas e Subvencións
  3. Avisos

ACTIVIDADES INFANTÍS E O ENTERRO DA LAMPREA CENTRAN O ENTROIDO EN SALVATERRA DE MIÑO

O Enterro da Lamprea celébrase o 17 de febreiro a partir das 17:00 horas con saída dende a Rúa Rosalía de Castro.

O Concello de Salvaterra de Miño xa está preparado para dar a benvida ó Entroido do 2024. Como xa ben sendo habitual as actividades para os máis pequenos e a diversión en familia son o principal atractivo desta festividade no concello. O Enterro da Lamprea, que este ano pechará inscricións con máis de 1500 persoas percorrendo as principais rúas de Salvaterra de Miño, celebrarase o 17 de febreiro ás 17:00 horas con saída dende a Rúa Rosalía de Castro e transcurso polas principais rúas da vila ata chegar á Praza do Concello. Será un día onde o espectáculo de son, luces, vestimentas e risas, moitas risas, estarán asegurados. No desfile non faltará a comitiva da defunta lamprea coas súas incondicionais “choronas” que porán a cor fúnebre da tarde. Lembramos a quen queira que poderá acompañar a comitiva da defunta antes da súa queima na Praza do Concello, onde escoitaremos a lectura do testamento da Lamprea e haberá un chocolate quente para todos e todas. A programación de Entroido complétase co desfile de disfraces dos centros educativos de Salvaterra de Miño dende o Concello ó Parque A Canuda o venres 9 de febreiro. E non pode faltar a tradicional Festa Infantil de Entroido o martes 13 de febreiro ás 17:30 horas con música, diversión e chocolate e rosca.

Enterro da Lamprea 202426 01 24 Cartel Entroido 2024 01

Julio 2024
L M X J V S D
1 2 3 4 5 6 7
8 9 10 11 12 13 14
15 16 17 18 19 20 21
22 23 24 25 26 27 28
29 30 31 1 2 3 4
 PlanAntifraudeConcello
Plan Forestal
InventarioMunicipal
AnaliticasAugas
MuseoDaCienciaDoVinho
Termas
InformacionTuristica
ORALNuevo
Deputacion2
SedeCatastro
PIC
EidoLocal
PIOM

EmpregoPublico
Farmacias de Guardia
XuventudeNet
RutaVino
Meteo Galicia