O Concello de Salvaterra de Miño destina máis de 243.000,00 a través do Plan +Provincia e o programa de mellora de infraestruturas deportivas da Deputación de Pontevedra para a mellora das infraestruturas deportivas do Casal e do campo de Fútbol de Oural en Fornelos. Por un lado procederase ao soterramento da liña de telefonía que atravesa a instalación do Casal, ampliarase o cerramento da pista de padel e realizaranse obras de saneamento do cespede artificial da mesma, obras que permitirán por en marcha esta instalación. Esta obra está financiada íntegramente polo Plan de Investimentos do +Provincia. No mesmo recinto, nas Instalacións Deportivas do Casal, realizaranse tamén obras de mellona nos vestiarios, que debido tanto ao seu elevado uso diario como a antigüedade da propia instalación necesita unha actuación urxente. Actuación que se centrará por un lado nos acabados interiores como exteriores e na cuberta, co fin de mellorar o aspecto do edificio e mellorar o illamento térmico tanto nas fachadas como na cuberta da contrución. Esta obra está financiada íntegramente polo Plan de Investimentos do +Provincia. E por outro la realizarase a contrución de novos vestiarios no campo de Fútbol de Oural, en Fornelos. Debido ao incremento de uso destas instalacións é necesario acondicionar os locais ubicados debaixo das gradas do campo para destinalos a vestiarios. Esta obra está financiada a través do Plan de mellora de Infraestuturas deportivas Provincial e o Plan +Provincial.