- Noticias
- Axudas e Subvencións
- Avisos
-
15 Mayo 2024 113 Visita(s)
O CONCELLO DE SALVATERRA PRESENTA O CAMPUS DE CONCILIACIÓN DE VERÁN
Actividade dirixida ós nenos e nenas nados entre o 2012 e o 2020 que se realizará no CEIP Plurilingüe Infante Felipe de... -
10 Mayo 2024 156 Visita(s)
Marcha Ciclista das Letras Galegas
INSCRIPCIÓNS NA PÁXINA: marchaciclista.concellodesalvaterra.com OU ESCANEANDO O CÓDIGO QR: -
-
10 Mayo 2024 61 Visita(s)
A BIBLIOTECA MUNICIPAL DE SALVATERRA REFORZA O SEU HORARIO DE CARA ÓS EXAMES
O horario será continuo dende o 14 de maio e ata 5 de xullo para todos os estudantes que preparan os exames de ABAU e fi... -
10 Mayo 2024 52 Visita(s)
DOAZÓN DE SANGUE
-
10 Mayo 2024 63 Visita(s)
MUXICAS TABERNA GAÑA O PRIMEIRO PREMIO Ó MELLOR PINCHO NA I RUTA PINCHOTERRA
A ruta que se celebrou durante o mes de abril rematou con máis de 12.500 pinchos vendidos entre os 26 locais participant... -
06 Mayo 2024 119 Visita(s)
O CONCELLO DE SALVATERRA ORGANIZA UNHA CHARLA PARA ESTUDANTES PARA REDUCIR O ESTRÉS EN ÉPOCA DE EXAMES
O vindeiro luns 20 de maio o Concello de Salvaterra de Miño organiza unha charla sobre “Como abordar o estrés e a ansied... -
02 Mayo 2024 156 Visita(s)
MÁIS DE 12.500 PINCHOS VENDIDOS DURANTE A I EDICIÓN DE PINCHOTERRA
A ruta que contaba con 26 locais participantes superou cada venres o número de pinchos elaborados reforzando o seu servi... -
02 Mayo 2024 133 Visita(s)
SALVATERRA MILENARIA CONTARÁ ESTE ANO CUN MERCADO E ACTIVIDADES NO RECINTO AMURALLADO
A programación terá lugar o vindeiro 25 de maio e contará con postos e actividades para nen@s e familias. O vindeiro 24... -
02 Mayo 2024 102 Visita(s)
XORNADA DE PORTAS ABERTAS NO MUSEO DA CIENCIA DO VIÑO POLO DÍA INTERNACIONAL DOS MUSEOS
O sábado 18 de maio todas aquelas persoas que queiran visitar o museo poderán facelo de forma gratuíta previa inscrición... -
02 Mayo 2024 109 Visita(s)
SALVATERRA DE MIÑO ABRE O PRAZO DE INSCRICIÓN PARA UN TERCEIRO CURSO DE MANIPULACIÓN DE ALIMENTOS
Tras o éxito dos anteriores cursos de Manipulación de Alimentos realizados durante o mes de abril e ante a demanda de fo... -
02 Mayo 2024 110 Visita(s)
Obradoiro de Mindfulness para mulleres
O CONCELLO DE SALVATERRA DE MIÑO ORGANIZA UN OBRADOIRO DE MINDFULNESS PARA MULLERES O obradoiro levarase a cabo entre os... -
25 Abril 2024 216 Visita(s)
PROPOSTA NOMEAMENTO PARA UNHA PRAZA DE ORDENANZA
Relación de aprobados e proposta de nomeamento. -
25 Abril 2024 136 Visita(s)
O MUSEO DA CIENCIA DO VIÑO ACOLLERÁ DURANTE O MES DE MAIO UNHA EXPOSICIÓN DO ARTESÁN CONSTANTE GONZÁLEZ
Constante González é un artesán da madeira que traballa co torno creando pezas únicas e moi laboriosas. Constante é de S... -
24 Abril 2024 152 Visita(s)
Obras de mellora no campo de fútbol do Oural
O CONCELLO DE SALVATERRA DE MIÑO ACOMETERÁ MELLORAS NO CAMPO DE FÚTBOL DE OURAL EN FORNELOS, POR IMPORTE DE MÁIS DE 88.0... -
19 Abril 2024 168 Visita(s)
Trampeo Xeolocalizado contra a vespa Velutina
A XUNTA DE GALICIA INSTALA TRAMPEO XEOLOCALIZADO CONTRA A VESPA VELUTINA A TRAVÉS DUN PLAN PILOTO, DA MAN DE INVESTIGADO... -
17 Abril 2024 246 Visita(s)
A BIBLIOTECA MUNICIPAL DE SALVATERRA AMPLÍA O SEU CATÁLOGO COA COMPRA DE MÁIS DE 50 LIBROS
No mes do libro ademais de realizar esta adquisición contaremos con varias actividades: a Biblioteca Viaxeira e a presen... -
-
16 Abril 2024 248 Visita(s)
O CONCELLO DE SALVATERRA LEVA A CABO OBRAS DE MANTEMENTO NA PISCINA MUNICIPAL
Trátase dunha posta a punto das instalacións de cara ó verán, concretamente na zona de vestiarios e que se unen as obras... -
06 Abril 2024 299 Visita(s)
SENTENZA FAVORABLE PARA O CONCELLO DE SALVATERRA DE MIÑO
A ALCALDESA DE SALVATERRA DE MIÑO VALORA MOI POSITIVAMENTE A SENTENZA DO TRIBUNAL SUPERIOR DE XUSTIZA DE GALICIA QUE DA... -
05 Abril 2024 290 Visita(s)
PRESENTACIÓN FESTA DA SEMENTEIRA 2024
Bos días, Dende a Asociación Cultural Quinta do Piñeiro comprácelles invitalos á presentación da XVI Sementeira e Música... -
04 Abril 2024 264 Visita(s)
AMORTIZACIÓN DE DÉBEDAS CON ENTIDADES FINANCEIRAS
-
03 Abril 2024 302 Visita(s)
ABERTO O PRAZO PARA A FORMACIÓN DUNHA LISTA DE RESERVA PARA REALIZAR CONTRATACIÓNS LABORAIS TEMPORAIS PARA A PRAZA DE “CONDUCTOR”
O Diario Oficial da Provincia publicou as bases para a formación dunha bolsa de Emprego para a praza de “Conductor”. O o... -
20 Marzo 2024 322 Visita(s)
PUNTO LIMPO MÓBIL
O CONCELLO DE SALVATERRA DE MIÑO INICIA A LICITACIÓN PARA A COMPRA DUN VEHÍCULO 100% ELECTRICO COMO PUNTO LIMPO MÓBIL O... -
13 Diciembre 2023 668 Visita(s)
OS PROXECTOS DE RECUPERACION DE ESPAZO PARA USO PEONIL DA RUA ALTO DA FONTE E NA RUA ALTO DA FORCA
A Deputación de Pontevedra subvencionou a redacción de proxectos de recuperación de espazos públicos e creación de senda...
Os antecedentes históricos da Festa do Viño do Condado do Tea, remontanse a xullo de 1959. Nesa data, sitúase a data de inicio da festa, que naquel intre adoptou a denominación de Festa da Vendimia.
O fundador da Festa da Vendimia foi José Rodriguez Ojea, que chegou a ser alcalde do Concello. Indiano chegado do Brasil, ao instalarse en Salvaterra de Miño, faise membro da Irmandade de Labregos e Gandeiros San Lourenzo, con sede na denominada Casa Sindical ubicada no actual casco urbano do municipio.
Esta é por tanto a segunda festa gastronómica máis antigua de Galicia, detrás da Festa do Alvariño de Cambados.
Según se recollen nas actas notariales que se conservan, a Irmandade de Labradores e Gandeiros San Lourenzo de Salvaterra de Miño organiza en 1959 o I Gran Concurso de Viños do Condado. Inicialmente, na Festa da Vendimia, participaban pequenos adegueiros das diferentes parroquias do município e o gañador dabase a coñecer tras unha cata cega de viños brancos e tintos.
Nos primeiros anos, a festa consistia , amais do concurso de viños, nun xantar degustación de gastronomia típica da zona, acompañada dos viños gañadores do concurso. Este xantar celebrabase no Castelo de Dona Urraca, dentro da Fortaleza de Salvaterra.
A partir de 1975 o Concello de Salvatera de Miño faise cargo da organización da Festa do Viño do Condado do Tea, en colaboración coa Irmandade de Labradores e Gandeiros San Lourenzo de Salvaterra de Miño. Nela mantense o Concurso- Certame de Viños do Condado. Na festa ofrecese a degustación gratuita de viño producido nas pequenas adegas das diferentes parroquias do concello ao público asistente e celebranse diferentes actos de marcado carácter cultural e institucional. En 1977 introducese como un acto de exaltación da festa, a edición dun mataselos conmemorativo, que se mantén ata hoxe en día.
Nesa época de finais dos anos setenta, organizase a primeira comida popular aberta a todo o público.
En 1998 o Concello decide que o viño da Do Rías Baixas, sexa o único que se promocione na Festa. A tradicional Festa do Viño do Condado xunto co peso do viño na economía familiar do municipio, a calidade dos seus caldos e a gran extensión de viñedos, fan de Salvaterra de Miño a Capital do Viño do Condado do Tea.
No ano 2016 declárase "Festa de Interés Turístico".
Aprobación como "Festa de Interés Turístico"
A festa ten lugar no último fin de semana de Agosto de cada ano.
Durante toda a mañán do domingo, os visitantes poden disfrutar degustando o delicioso viño desta subzona da D.O. Rías Baixas, acompañado por productos típicos como polbo, sardinas, empanada ou lamprea. Ademáis poderá atopar:
- - Conferencias.
- - Catas comentadas por expertos.
- - Exposición de viños.
- - Artesanía.
- - Pintura.
- - Escultura.
- - Concentración de coches de época.
- - Gran desfile de gaitas e bailes galegos.
- - Mostra filatélica, na que se pon en circulación un mataselos que conmemora a festa.
Tamén se leva a cabo a celebración dos Premios ós "Viños deliciosos do Ano". Este aporte novedoso vense celebrando dende o ano 2000 -iniciativa do Concello de Salvaterra, e primeira nun marco oficial- e vai dirixido ó coñecemento comparativo dos viños elaborados nas zonas do Condado (D.O. Rías Baixas).