O sábado 18 de maio todas aquelas persoas que queiran visitar o museo poderán facelo de forma gratuíta previa inscrición. O vindeiro sábado 18 de maio celébrase o Día Internacional dos Museos e con motivo de tal celebración o Concello de Salvaterra de Miño organiza unha xornada de portas abertas para descubrir o Museo da Ciencia do Viño ubicado no recinto amurallado. De xeito gratuíto e por grupos os visitantes descubrirán este espazo de características única en España, un espazo de divulgación da viticultura e enoloxía altamente interactivo, didáctico e idóneo para o desfrute de toda a familia. O horario de visita será de 11:00 A 13:00 e de 17:00 a 19:00 horas e para inscribirse é preciso porse en contacto co museo ben por correo Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo. ou ben nos teléfonos 617 148 866 e 629 770 177. As prazas son limitadas.