Capital do Viño do Condado do Tea
Exterior da Muralla - Vila Milenaria

MolinoUma é a parroquia situada no extremo norte do concello. A súa orografía é montañosa, cunha altitude máxima de 449 metros. Situada entre as parroquias de Mouriscados (Mondariz), San Pedro e Santa Eulalia de Batalláns, a Franqueira e Guillade. Non limita xeograficamente con ningunha parroquia de Salvaterra.

Nos montes próximos nace o río Uma que percorre gran parte do municipio de Salvaterra. A abundancia de regatos de auga xustifica a gran cantidade de muíños existentes desde a época moderna.

Uma é unha das parroquias onde se atoparon máis restos arqueolóxicos. Os materiais atopados están en mans de particulares ou depositados no Museo de Ponteareas.

A parroquia de Uma está formada polos barrios de Barreiras, Cachadiña, Carrascal, Casal, Eirado, Finzáns, Maceiras, Outeiro e San Andrés.CanalAuga

A súa primeira mención documental aparece na información das Miragres de San Telmo, realizada polo ano 1258 co nome "Deuma". A igrexa de Uma pertencía ao Mosteiro de Melón, que no ano 1516 a permutou por outras propiedades ao bispo de Tui. Logo foi doada aos monxe de A Franqueira ata a Desamortización.

Fabricada en perpiaño, e de pequenas dimensións, a igrexa parroquial de Uma ten planta rectangular rematada nunha cabeceira máis estreita e alta que a nave principal. Pegada a un lateral ten a sancristía.

RegatoA fachada principal, sen excesivo ornato, ten unha ventá adintelada como único vano. Remata nunha torre de espadaña. Os muros laterais organízanse mediante contrafortes.

No interior ten unha bóveda de canón sobre o presbiterio e un coro alto situado aos pés da nave.

No barrio de O Casal, lugar céntrico e concorrido, encóntrase o peto de ánimas. Rústico e primitivo está apousentado sobre muro de cachotería, diferenciándose en tres partes: a primeira con pedra de base cuadrangular e pequeno fornelo con porta de ferro; a segunda é unha mesa con forma piramidal invertida e a terceira cobiza o retablo de madeira baixo arco de medio punto, apreciándose restos de policromía.

la flecha azul a la izquierda detras de anteriores icono 5726 32  la flecha azul en la parte frontal derecha icono 9306 32

Marzo 2024
L M X J V S D
26 27 28 29 1 2 3
4 5 6 7 8 9 10
11 12 13 14 15 16 17
18 19 20 21 22 23 24
25 26 27 28 29 30 31
 PlanAntifraudeConcello
Plan Forestal
InventarioMunicipal
AnaliticasAugas
MuseoDaCienciaDoVinho
Termas
InformacionTuristica
ORALNuevo
Deputacion2
SedeCatastro
PIC
EidoLocal
PIOM

EmpregoPublico
Farmacias de Guardia
XuventudeNet
RutaVino
Meteo Galicia