Capital do Viño do Condado do Tea
Exterior da Muralla - Vila Milenaria

IglesiaEntre as parroquias de Lourido, Fornelos, Salvaterra, Corzáns e o río Tea encádrase a parroquia de Pesqueiras.

No monte castelo, encóntrase enclavada a ermida da Asunción. Nas súas inmediacións recolléronse numerosos restos castrexos. Restos cerámicos, tégulas e ánforas na súa maioría.

A capela da Asunción está escavada nunha enorme rocha granítica. Acédese ao seu interior mediante un pórtico de pedra con arco de medio punto e torre, datados no século XVIII. Dende este privilexiado enclave divísase unha magnífica panorámica do Val do Tea. A festividade celébrase o día da Ascensión, corenta días despois da Pascua. Ávila y la Cueva fai referencia a un Castelo nas inmediacións do monte dese mesmo nome, do que non se conserva ningún resto.CapillaCastelo

No ano 991, o seu territorio foi doado xunto con outras entidades veciñas polo rei Bermudo II a Igrexa de Compostela. No documento real figura co nome de Piscarias.

O Peto do Rial maniféstase como un elemento representativo da arte popular nesta parroquia. A súa estrutura é a seguinte: sobre un pedestal de pedra descansa unha fornelo enmarcada por columnas; no seu interior represéntanse as ánimas do Purgatorio en actitude suplicante. A Virxe do Carme aparece intercedendo por elas.

InteriorCapillaCasteloA parroquia de Pesqueiras está formada polos seguintes barrios: Alboeiro, Coruxo, Chan da Igrexa, Fernal, Fontearcade, Gallamonde, Gandarela, Outeriño , Rial , Ruxiago e Salcide.

 

 

 

 

 la flecha azul a la izquierda detras de anteriores icono 5726 32  la flecha azul en la parte frontal derecha icono 9306 32

Marzo 2024
L M X J V S D
26 27 28 29 1 2 3
4 5 6 7 8 9 10
11 12 13 14 15 16 17
18 19 20 21 22 23 24
25 26 27 28 29 30 31
 PlanAntifraudeConcello
Plan Forestal
InventarioMunicipal
AnaliticasAugas
MuseoDaCienciaDoVinho
Termas
InformacionTuristica
ORALNuevo
Deputacion2
SedeCatastro
PIC
EidoLocal
PIOM

EmpregoPublico
Farmacias de Guardia
XuventudeNet
RutaVino
Meteo Galicia