1. Noticias
  2. Axudas e Subvencións
  3. Avisos

O Concello de Salvaterra de Miño foi beneficiario das axudas convocadas pola Xunta de Galicia destinadas ás entidades locais titulares de bibliotecas públicas e axencias de lectura integradas na Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia. En concreto, o Concello recibirá 1.084,47 € euros, que se destinarán a reforzar e actualizar os fondos da biblioteca municipal coa adquisición de novidades editoriais en galego en formato físico.

Estas subvencións teñen como finalidade facilitar a actualización dos fondos bibliográficos das bibliotecas municipais, favorecendo tanto a incorporación de novas publicacións en lingua galega como a renovación e mellora das coleccións existentes. No caso de Salvaterra de Miño, esta achega permitirá ampliar a oferta de títulos dispoñibles para a veciñanza, incorporando novidades editoriais e novos recursos que contribúan a responder aos intereses e necesidades das persoas usuarias da biblioteca.

12 09 26 Biblioteca Municip

Septiembre 2026
L M X J V S D
31 1 2 3 4 5 6
7 8 9 10 11 12 13
14 15 16 17 18 19 20
21 22 23 24 25 26 27
28 29 30 1 2 3 4

 

 PlanAntifraudeConcello

Plan Forestal
InventarioMunicipal
AnaliticasAugas
MuseoDaCienciaDoVinho
Termas
InformacionTuristica
 
Deputacion2
SedeCatastro
EidoLocal
PIOM

EmpregoPublico
Farmacias de Guardia
XuventudeNet
RutaVino
Meteo Galicia