- Noticias
- Axudas e Subvencións
- Avisos
-
16 Octubre 2026 48 Visita(s)
O OBRADOIRO DE EMPREGO ‘SALVATERRA EMPREGA V’ PECHA UN INTENSO MES DE SETEMBRO CUN CONXUNTO DE ACTUACIÓNS DE MELLORA AMBIENTAL E URBANA NO MUNICIPIO
O alumnado combinou a formación teórica en tratamentos silvícolas con intervencións directas en colexios, sendas fluviai... -
15 Octubre 2026 66 Visita(s)
INFORMACIÓN DO CENSO ELECTORAL
O censo electoral abre o rexistro para o voto de cidadáns estranxeiros nas eleccións municipais de 2027 Os residentes da... -
15 Octubre 2026 62 Visita(s)
O CONCELLO DE SALVATERRA DE MIÑO INVESTIRÁ MÁIS DE 34.000 EUROS NA REHABILITACIÓN INTEGRAL DO LAVADOIRO DE FONTOURA
A actuación, financiada a través do Plan +Provincia 2026, corrixirá o deterioro da cuberta e mellorará toda a contorna d... -
15 Octubre 2026 71 Visita(s)
SALVATERRA DE MIÑO ORGANIZA NOVOS CURSOS PARA MAIORES DE 65 ANOS
O Concello de Salvaterra de Miño pon en marcha unha nova edición dos cursos dirixidos ás persoas maiores de 65 anos a tr... -
13 Octubre 2026 90 Visita(s)
Excavación no Xacemento dos Castros, Lourido-Soutolobre.
O CONCELLO DE SALVATERRA ASINA UN NOVO CONVENIO DE COLABORACIÓN COA CONSELLERÍA DE CULTURA, LINGUA E XUVENTUDE DA XUNTA... -
13 Octubre 2026 97 Visita(s)
SAMAÍN 2026
-
09 Octubre 2026 122 Visita(s)
O CONCELLO APROBA UNHA BONIFICACIÓN DO 95% NO ICIO PARA A SEGUNDA AMPLIACIÓN DE FRINSA NA PLISAN
A medida, ratificada no último Pleno municipal, enmárcase nas vantaxes fiscais de "Concello Emprendedor" para atraer inv... -
08 Octubre 2026 124 Visita(s)
MAQUINARIA PARA REFORZAR A PREVENCIÓN DE INCENDIOS FORESTAIS
O CONCELLO DE SALVATERRA DE MIÑO INVESTE PRETO DE 19.000 EUROS NA ADQUISICIÓN DE MAQUINARIA PARA REFORZAR A PREVENCIÓN D... -
07 Octubre 2026 148 Visita(s)
O CONCELLO DE SALVATERRA DE MIÑO LICITA POR 44.426,30 EUROS O SUBMINISTRO DE EQUIPOS DE SON E MOBILIARIO PARA OS EVENTOS REALIZADOS NA FORTALEZA
O Concello de Salvaterra de Miño abriu o proceso de licitación para o subministro de equipos de son e mobiliario, destin... -
07 Octubre 2026 117 Visita(s)
ESCAPE ROOM ORGANIZADO POLO CONCELLO DE SALVATERRA
O CONCELLO DE SALVATERRA DE MIÑO ORGANIZA UN ESCAPE ROOM SOBRE A IGUALDADE PARA REFLEXIONAR SOBRE OS ESTEREOTIPOS E A DE... -
05 Octubre 2026 186 Visita(s)
SALVATERRA DE MIÑO RECLAMA MEDIDAS PARA DEFENDER AOS VITICULTORES DO CONDADO E GARANTIR O ACCESO AOS NOVOS TRATAMENTOS CONTRA O ALZHEIMER
O Pleno aprobou a pasada semana, por unanimidade, as propostas da Alcaldía e diversas mocións centradas na defensa do se... -
05 Octubre 2026 130 Visita(s)
SALVATERRA DE MIÑO ACOLLE UNHA CHARLA SOBRE COMPOSTAXE DOMÉSTICA E A ENTREGA DE COMPOSTEIROS
A sesión terá lugar o mércores 7 de outubro, ás 19:00h, no salón de plenos do Concello Salvaterra de Miño celebra o mérc... -
05 Octubre 2026 130 Visita(s)
EN LICITACIÓN O ACONDICIONAMENTO E MELLORA DO ESPAZO LÚDICO TERMAL DE SALVATERRA DE MIÑO
O Perfil do Contratante do Estado publicita a licitación para presentar ofertas da obra de “Acondicionamento e mellora d... -
05 Octubre 2026 188 Visita(s)
Salvaterra de Miño invita a descubrir os seus principais atractivos con motivo do Día Mundial do Turismo.
O Punto de Información Turística poñerá en marcha unha campaña nas redes sociais para dar a coñecer diferentes lugares d... -
01 Octubre 2026 152 Visita(s)
O CONCELLO DE SALVATERRA DE MIÑO PON EN MARCHA UNHA NOVA CANLE DE WHATSAPP PARA MELLORAR A INFORMACIÓN Á VECIÑANZA
Así o Concello de Salvaterra de Miño busca facilitar e axilizar a comunicación coa veciñanza e ofrecer información de in... -
30 Septiembre 2026 141 Visita(s)
A BIBLIOTECA VIAXEIRA VOLTA UN ANO MÁIS CON DÚAS ACTVIDADES EN OUTUBRO
Un ano máis, a Biblioteca Viaxeira volta a Salvaterra de Miño levando a maxia da lectura e da narración oral ós máis peq... -
30 Septiembre 2026 154 Visita(s)
O CONCELLO DE SALVATERRA DE MIÑO VOLVE A SOLICITAR A TRAVÉS DA FEDERACIÓN ESPAÑOLA DE MUNICIPIOS E PROVINCIAS (FEMP) AS AXUDAS PARA RECUPERACIÓN DA MEMORIA DEMOCRÁTICA
O Concello de Salvaterra de Miño en colaboración coa Asociación pola Recuperación da Memoria Histórica do Baixo Miño, O... -
28 Septiembre 2026 174 Visita(s)
O Concello de Salvaterra de Miño segue apostando pola compostaxe doméstica coa entrega de 100 novos composteiros entre a veciñanza.
O Concello de Salvaterra de Miño pon en marcha unha nova campaña de fomento da compostaxe doméstica coa que entregará 10... -
24 Septiembre 2026 250 Visita(s)
O vindeiro sábado 26 de setembro volve o Trofeo Nacional Salvaterra Milenaria de patinaxe.
Logo de ter que aprazar o evento debido ás obrigas competitivas do campionato de Europa e a Copa do Mundo, o CPA Condado... -
24 Septiembre 2026 191 Visita(s)
O CONCELLO DE SALVATERRA DE MIÑO VEN DE ADXUDICAR POR UN IMPORTE DE 5.340,00€ UN ESTUDO DE SITUACIÓN E USOS DO MERCADO DE ABASTOS
O Concello de Salvaterra de Miño ven de contratar, a través da subvención da Xunta de Galicia para o impulso dunha rede... -
24 Septiembre 2026 212 Visita(s)
OBRAS NA BIBLIOTECA A PARTIRES DO 28 DE SETEMBRO
-
23 Septiembre 2026 194 Visita(s)
O Concello de Salvaterra de Miño e AFAGA avanzan na prevención e atención ás persoas afectadas polo Alzheimer
A alcaldesa do Concello de Salvaterra de Miño, Marta Valcárcel Gómez, reuniuse con Juan Carlos Rodríguez Bernárdez, pres... -
17 Septiembre 2026 198 Visita(s)
Doazón de Sangue
-
15 Septiembre 2026 233 Visita(s)
SALVATERRA DE MIÑO RECIBE MÁIS DE 1.000 EUROS DA XUNTA PARA INCORPORAR NOVIDADES EDITORIAIS EN GALEGO Á BIBLIOTECA MUNICIPAL
O Concello de Salvaterra de Miño foi beneficiario das axudas convocadas pola Xunta de Galicia destinadas ás entidades lo... -
15 Septiembre 2026 258 Visita(s)
OS CONCELLOS DE SALVATERRA DE MIÑO, ARBO E CRECENTE ASINAN UNHA NOVA ADDENDA AO CONVENIO DO SERVIZO DE ATENCIÓN TEMPERÁ
A Consellería de Política Social e Igualdade ven de convocar á Orde pola que se establecen as bases reguladoras para a c... -
14 Septiembre 2026 231 Visita(s)
COMPRA DUN TRACTOR ROZADOIRA
O CONCELLO DE SALVATERRA INICIA OS TRÁMITES PARA A COMPRA DUN TRACTOR ROZADOIRA E MAQUINARIA VARIA PARA SEGUIR AVANZANDO... -
07 Septiembre 2026 280 Visita(s)
O CONCELLO DE SALVATERRA DE MIÑO INSTALARÁ UN SISTEMA DE CLIMATIZACIÓN NA BIBLIOTECA MUNICIPAL
O Concello de Salvaterra de Miño ven de conseguir unha subvención da Administración Local, destinada á mellora das infra... -
03 Septiembre 2026 325 Visita(s)
SALVATERRA DE MIÑO ACOLLERÁ POR PRIMEIRA VEZ O SALVATERRA URBAN FEST, UN GRAN ENCONTRO INTERNACIONAL DE CULTURA URBANA
O parque de A Canuda será o escenario dunha xornada dedicada ao break dance e ao graffiti, con participantes e artistas... -
02 Septiembre 2026 333 Visita(s)
Novo Programa Cultural
SALVATERRA DE MIÑO LEVA A CULTURA ÁS PARROQUIAS CUNHA NOVA PROGRAMACIÓN PARA SENSIBILIZAR E PROTEXER A TRAVÉS DAS ARTES... -
31 Agosto 2026 353 Visita(s)
SALVATERRA DE MIÑO IMPULSA O EMPREGO XUVENIL COA CONTRATACIÓN DUNHA AUXILIAR ADMINISTRATIVA DURANTE NOVE MESES
O Concello de Salvaterra de Miño, ven de recibir unha subvención da Consellería de Emprego, para a contratación dunha pe... -
27 Agosto 2026 380 Visita(s)
SALVATERRA DE MIÑO INAUGURA O RENOVADO PARQUE INFANTIL JUAN LUÍS VILLALÓN RÍOS
O Concello de Salvaterra de Miño inaugurou hoxe o renovado parque infantil situado ao carón da Casa de Cultura, que pasa... -
25 Agosto 2026 454 Visita(s)
AVISO MOSQUITO TIGRE
Despois destas chuvias e a acumulación de auga que se pode levar a cabo en recipientes pequenos lembra as recomendacións... -
24 Agosto 2026 468 Visita(s)
A FESTA DO VIÑO DO CONDADO DO TEA CHEGA A SÚA LXVII EDICIÓN
A celebración, declarada de Interese Turístico de Galicia, terá lugar os días 28, 29 e 30 de agosto no recinto amurallad... -
29 Julio 2026 944 Visita(s)
O CONCELLO DE SALVATERRA DE MIÑO INFORMA DO INICIO DOS TRABALLOS DE EXHUMACIÓN NO CEMITERIO DE CHAN DA PONTE
O Concello de Salvaterra de Miño informa que xa se iniciaron os traballos de escavación e exhumación no cemiterio munici... -
23 Julio 2026 875 Visita(s)
Convocatoria Prensa - Exhumación Salvaterra de Miño
-
15 Julio 2026 583 Visita(s)
PRIMEIRAS SEMANAS DE FORMACIÓN NO OBRADOIRO DE EMPREGO SALVATERRA EMPREGA V
Nestas primeiras semanas os alumn@s – traballadores do Obradoiro de Emprego SALVATERRA EMPREGA V formáronse en Prevenció... -
02 Julio 2026 698 Visita(s)
XXI PREMIOS EDUCACIÓN. CURSO 2025/2026
CONVOCATORIA PRENSA Entrega dos “XXI PREMIOS EDUCACIÓN. CURSO 2025/2026" Día: Martes 7 de xullo de 2026 Hora: 12:00 Luga... -
25 Junio 2026 907 Visita(s)
O CONCELLO DE SALVATERRA DE MIÑO RECIBE UNHA AXUDA DA XUNTA DE GALICIA PARA IMPULSAR ACTIVIDADES DE DINAMIZACIÓN DA LECTURA NAS PARROQUIAS
O Concello de Salvaterra de Miño ven de recibir unha subvención da Xunta de Galicia por importe de 836,90 euros destinad... -
25 Junio 2026 770 Visita(s)
O CONCELLO DE SALVATERRA DE MIÑO ASINA UN CONVENIO DE COLABORACIÓN COA EMPRESA MASCATO PARA A DOAZÓN DE EXCEDENTES ALIMENTARIOS
O Concello de Salvaterra de Miño quere agradecer publicamente á empresa Mascato a súa colaboración e compromiso coa veci... -
25 Junio 2026 662 Visita(s)
MELLORA DE VIAIS EN FORNELOS E ALXÉN
O CONCELLO DE SALVATERRA DE MIÑO MELLORARÁ OS VIAIS FILLABOA–GRIXÓ E FRAGUÍÑAS–IGREXA CUN INVESTIMENTO PRÓXIMO AOS 80.00... -
19 Junio 2026 961 Visita(s)
SUBVENCIÓN PARA A MELLORA DA DIXITALIZACIÓN DA AUGA
O CONCELLO DE SALVATERRA DE MIÑO TRAMITA DÚAS SUBVENCIÓNS POR IMPORTE DE MÁIS DE 100.000€ PARA SEGUIR MELLORANDO NA DIXI... -
11 Junio 2026 818 Visita(s)
SALVATERRA CONVOCA UN ANO MÁIS AS AXUDAS PARA LIBROS E MATERIAL ESCOLAR DE EDUCACIÓN INFANTIL
Un ano máis o Concello de Salvaterra de Miño ven de convocar as axudas para a adquisición de libros e material escolar d... -
10 Junio 2026 869 Visita(s)
EXHUMACIÓN DUNHA FOSA COMÚN
BREOGAN ARQUEOLOXÍA SERÁ A EMPRESA ENCARGADA DE REALIZAR A ESCAVACIÓN ARQUEOLÓXICA NO CEMITERIO DE SALVATERRA DE MIÑO PA... -
-
02 Junio 2026 845 Visita(s)
PLAN VIA DEPO DE MELLORA VIARIA
O CONCELLO DE SALVATERRA DE MIÑO TRAMITA A TRAVÉS DO PLAN EXTRAORDINARIO VIA DEPO UN NOVO PROXECTO DE CONSERVACIÓN E REH... -
27 Mayo 2026 907 Visita(s)
SALVATERRA INICIA O PROGRAMA DE REFORZO SOCIOEDUCATIVO PARA MENORES
Despois da concesión por parte da Xunta de Galicia dunha subvención por un importe de máis de 73.000 euros para levar a... -
18 Mayo 2026 1029 Visita(s)
ZONAS PRIORITARIAS NO PLADIGA
-
20 Enero 2025 5484 Visita(s)
RECTIFICACIÓN INVENTARIO CONCELLO DE SALVATERRA
INVENTARIO ACTUALIAZADO
SALVATERRA DE MIÑO LEVA A CULTURA ÁS PARROQUIAS CUNHA NOVA PROGRAMACIÓN PARA SENSIBILIZAR E PROTEXER A TRAVÉS DAS ARTES ESCÉNICAS
O programa “Sensibilizar para Protexer. A cultura no rural” desenvolverase entre setembro e novembro con espectáculos de circo, contacontos, títeres, narración oral e música en distintos espazos culturais do municipio.
O Concello de Salvaterra de Miño pon en marcha unha nova programación cultural baixo o lema “Sensibilizar para Protexer. A cultura no rural”, unha iniciativa que xurde a través do Plan Corresponsables da Xunta de Galicia xunto ó Concello de Salceda de Caselas que busca achegar propostas culturais de calidade ás diferentes parroquias do municipio e empregar a cultura e as artes escénicas como ferramentas de sensibilización, participación e convivencia.
Entre os meses de setembro e novembro, a programación ofrecerá dezaseis funcións e actividades culturais repartidas por diferentes núcleos e espazos do concello, facilitando o acceso da veciñanza á cultura sen necesidade de desprazarse fóra do seu contorno habitual.
A programación arrinca o 11 de setembro, ás 20.30 horas, na Praza do Concello, co espectáculo “5.0”, unha proposta de circo aéreo con danza dirixida a todos os públicos.
O programa continuará coa proposta “Elas”, un espectáculo de contacontos para todos os públicos que chegará a diferentes parroquias: o 12 de setembro, ás 21.00 horas, á Casa Cultural de Fiolledo; o 2 de outubro, ao Centro Cultural Xerme de Cabreira; o 17 de outubro, á Casa Cultural de Lira; e o 1 de novembro, á Casa Cultural de Porto.
Tamén terá un papel destacado a proposta “Costureiriña Bonita”, un espectáculo de títeres para público familiar que percorrerá distintos espazos do municipio. As funcións serán o 19 de setembro na Casa Cultural de Meder, o 3 de outubro na Casa Cultural de Alxén, o 10 de outubro na Casa Cultural de Vilacoba e o 25 de outubro no Centro Social de Oleiros, todas ás 21.00 horas.
Como peche da programación, o 14 de novembro, ás 21.00 horas, na Casa da Cultura de Salvaterra, terá lugar “As mil e unha”, un espectáculo de narración oral e música pensado para o público familiar.
Cultura próxima e accesible
Con esta iniciativa, o Concello de Salvaterra de Miño pretende descentralizar a actividade cultural e reforzar a programación nas parroquias, apostando por levar espectáculos e actividades a espazos culturais próximos á veciñanza.
O programa busca, así mesmo, favorecer a participación de persoas de diferentes idades e converter a cultura nun espazo de encontro, reflexión e convivencia, cunha especial atención ás propostas destinadas ao público infantil e familiar.
“Sensibilizar para Protexer. A cultura no rural” está cofinanciado polo Plan Corresponsables do Ministerio de Igualdade e do Goberno de España, coa colaboración da Xunta de Galicia e Xacobeo 2027.
PROGRAMA
• 11/09 – 20.30 h | Praza do Concello: 5.0 – Circo aéreo con danza para todos os públicos.
• 12/09 – 21.00 h | Casa Cultural de Fiolledo: Elas – Contacontos para todos os públicos.
• 19/09 – 21.00 h | Casa Cultural de Meder: Costureiriña Bonita – Títeres para público familiar.
• 02/10 – 21.00 h | Centro Cultural Xerme de Cabreira: Elas.
• 03/10 – 21.00 h | Casa Cultural de Alxén: Costureiriña Bonita.
• 10/10 – 21.00 h | Casa Cultural de Vilacoba: Costureiriña Bonita.
• 17/10 – 21.00 h | Casa Cultural de Lira: Elas.
• 25/10 – 21.00 h | Centro Social de Oleiros: Costureiriña Bonita.
• 01/11 – 21.00 h | Casa Cultural de Porto: Elas.
• 14/11 – 21.00 h | Casa da Cultura de Salvaterra: As mil e unha – Narración oral e música para público familiar.
O Concello de Salvaterra de Miño anima a toda a veciñanza a participar nesta programación e a gozar da cultura tamén nos espazos máis próximos ás súas casas.





























