1. Noticias
  2. Axudas e Subvencións
  3. Avisos

O Concello de Salvaterra de Miño informa da celebración dunha charla informativa dirixida á cidadanía sobre os recentes cambios no regulamento da Lei de Estranxeiría.

Unha vez entrado en vigor o procedemento de regularización masiva, e tendo en conta as múltiples dúbidas que esta nova situación pode xerar, o Concello, en colaboración coa Asociación Provivenda e no marco do convenio asinado entre ambas entidades, organizará unha sesión informativa co obxectivo de achegar claridade, orientación e apoio ás persoas interesadas.

Esta iniciativa busca facilitar a comprensión dos novos procedementos administrativos, así como axudar a axilizar a tramitación das solicitudes, ofrecendo información actualizada e resolvendo cuestións prácticas relacionadas coa normativa vixente. A charla terá lugar o vindeiro luns, 27 de abril, ás 09:30 horas, no Salón de Plenos do Concello de Salvaterra de Miño.

CHARLA INFORMATIVA

Mayo 2026
L M X J V S D
27 28 29 30 1 2 3
4 5 6 7 8 9 10
11 12 13 14 15 16 17
18 19 20 21 22 23 24
25 26 27 28 29 30 31

 

 PlanAntifraudeConcello

Plan Forestal
InventarioMunicipal
AnaliticasAugas
MuseoDaCienciaDoVinho
Termas
InformacionTuristica
 
Deputacion2
SedeCatastro
EidoLocal
PIOM

EmpregoPublico
Farmacias de Guardia
XuventudeNet
RutaVino
Meteo Galicia