1. Noticias
  2. Axudas e Subvencións
  3. Avisos

As inscricións comezan o luns 16 de outubro e o único requisito para participar é aportar un produto de hixiene ou non perecedoiro para o banco de alimentos. Un ano máis o Concello de Salvaterra de Miño organiza o Roteiro Nocturno de Samaín, unha data moi esperada entre o público que neste 2025 celebrarase o 31 de outubro e terá un novo percorrido. Será unha noite terrorífica para nenos e nenas, cunha idade recomendada a partir dos 10 anos, e adultos.

Como sempre aconséllase a todos aqueles que queiran participar que veñan caracterizados xa que esa noite Salvaterra de Miño agochará moitas sorpresas e sustos nun percorrido que comezará na Praza do Concello e rematará no Espazo Termal de Teánsl-Oleiros. Ó chegar os participantes poderán tomar un chocolate quente.

Este ano, a saída será ás 19:30 horas e farase escalonada en grupos de máximo 23 persoas organizados que deberán seguir as indicacións do percorrido para chegar ó final do roteiro.

O prazo de inscrición comeza este venres 17 de outubro ata cubrir as prazas e realizarase a través da web https://www.barafunda.es/roteiros/roteiro-samain-2025-salvaterra O único requisito para participar será que cada participante deberá traer consigo un produto de hixiene ou produto non perecedoiro para o banco de alimentos do Concello. Recordamos que as prazas son limitadas e irán por orde de inscrición.

Roteiro Samaín 2025

Octubre 2025
L M X J V S D
29 30 1 2 3 4 5
6 7 8 9 10 11 12
13 14 15 16 17 18 19
20 21 22 23 24 25 26
27 28 29 30 31 1 2

 

 PlanAntifraudeConcello

Plan Forestal
InventarioMunicipal
AnaliticasAugas
MuseoDaCienciaDoVinho
Termas
InformacionTuristica
 
Deputacion2
SedeCatastro
EidoLocal
PIOM

EmpregoPublico
Farmacias de Guardia
XuventudeNet
RutaVino
Meteo Galicia