A Asociación Cultural Ondiñas do Mendo organiza o vindeiro domingo, 8 de novembro, o V Desfile de Traxe Tradicional e Moda Actual. Unha cita que une moda, tradición e creatividade nunha mesma pasarela.

O evento terá lugar ás 17:30 horas na Casa da Cultura de Leirado, en Salvaterra de Miño, e contará coa participación e colaboración de diferentes establecementos e firmas comerciais da contorna, co apoio do Concello.

Con esta iniciativa, a asociación pretende poñer en valor a moda e a riqueza da indumentaria tradicional, ao tempo que contribúe á dinamización da cultural e o comercio local. A entrada terá un prezo de 3 euros. E co número da entrada terán opción ó sorteo dun vale de 50€ para gastar en calquera das 12 tendas participantes.

Desde a Asociación Cultural Ondiñas do Mendo convidan a toda a veciñanza e ás persoas visitantes a participar nesta quinta edición e compartir unha tarde na que a moda actual e a tradición serán as grandes protagonistas.

Cartel Desfile Leirado